"MEMORIA do nacionalismo galego" chega a Allariz este venres da man da Fundación Vicente Risco
 
Este venres, 21 de outubro, chega a Allariz da man da Fundación Vicente Risco, "MEMORIA do nacionalismo galego". É un traballo da Fundación Galiza Sempre e IB Cinema que percorre os 160 últimos anos da historia política, social e cultural de Galiza a través das ideas e das organizacións políticas que crearon o nacionalismo galego
 
 
 
 
 
21 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Producido pola Fundación Galiza Sempre e IB Cinema, o documental “MEMORIA do nacionalismo galego” percorre os cento setenta últimos anos da historia política, social e cultural de Galiza a través das ideas e das organizacións políticas que crearon o nacionalismo galego.
Dende o Rexionalismo do século XIX, ata Castelao e o Estatuto do ano 1936, dende a Transición Democrática ata o pasado recente, o documental, que poderá verse na Fundación Vicente Risco de Allariz este venres, 21 de outubro, ás 20:00 Hs., é un percorrido por algunhas das principais experiencias e ideas que axudaron a conformar a nación galega.

O acto contará coa presenza do Francisco García, alcalde de Allariz, e dos tres directores do documental, Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata.
O traballo reúne por vez primeira aos máis destacados especialistas e protagonistas na traxectoria do nacionalismo galego dende mediados do século XIX aos nosos días.
A obra basease fundamentalmente nos testemuños das 27 persoas entrevistadas, directamente relacionadas coa traxectoria do galeguismo político: historiadores, teóricos, sindicalistas, políticos e intelectuais. A pluralidade de puntos de vista recollidos nunha única obra é un dos méritos da produción.

Máis de 30 horas de gravación deron finalmente en algo máis de hora e media na que interveñen, entre outros, Xusto Beramendi, Xosé Manuel Beiras, F. Fernández del Riego, Camilo Nogueira, Margarita Ledo, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Pilar García Negro, X.L. Méndez Ferrin, Bautista Álvarez, Lidia Senra, Francisco Rodríguez, Anxo Quintana, Antón  Moreda, Encarna Otero ou Xose Ramón Barreiro.
A proxección está organizada pola Fundación Galiza Sempre coa colaboración da Libraria Aira das letras e a Fundación Vicente Risco.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, JUEVES
 
Trabajadores y sindicatos piden mayor contundencia a Rodríguez para resolver el conflicto de la Limpieza
El PP dice que hace lo que tendría que hacer el Concello en el caso de los Paneles Informativos
El BNG acusa al PP de "propagandista" en la petición que hace a los imputados en el caso de los Paneles
Educación compromete 2 millones de euros en 2011 en Ourense y los institutos de Barbadás y Celanova
Medio Rural asigna 3,1 millones a 13 concellos de Ourense para mejorar accesos y viñedos