Paula Godinho define Oír o galo cantar dúas veces como un libro sobre "unha fronteira de convivencia"
 
Este é un libro sobre “unha fronteira de convivencia, na cal, a pesares de ser dous países diferentes, ao longo de toda a súa historia ten habido unha familiaridade e un entendemento mutuo por parte de todos os veciños", dixo Paula Godinho, a súa autora, ao presentar Oír o galo cantar dúas veces. É a obra que gañou o XV Premio Taboada Chivite, que edita a Deputación de Ourense e que se presentou este venres na capital ourensá
 
 
 
 
 
15 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

As relacións humanas, cos seus aspectos económicos, históricos, antropolóxicos e sociais, é o elemento principal da obra Oír o galo cantar dúas veces, da antropóloga portuguesa Paula Godinho, que gañou a XV edición do Premio Taboada Chivite que convoca a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín para traballos de investigación científica sobre temas antropolóxicos, históricos e arqueolóxicos.
A obra, editada pola Deputación de Ourense, foi presentada hoxe na institución provincial coa presenza da autora, do presidente da Deputación, José Luis Baltar, e do fillo de Taboada Chivite, Xesús Taboada, entre outros.

Paula Godinho dixo que este é un libro sobre “unha fronteira de convivencia, na cal, a pesares de ser dous países diferentes, ao longo de toda a súa historia ten habido unha familiaridade e un entendemento mutuo por parte de todos os veciños, e iso é algo moi enriquecedor para o ser humano”.
A autora, que é profesora de Antropoloxía da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, divide a obra –de máis de 600 páxinas- en tres partes: unha primeira, antropolóxica, na que se describen as relacións de veciñanza a un e outro lado da Raia; unha segunda parte histórica, na que se relata como se fixo a fronteira nos despachos de Lisboa e Madrid a raíz do Tratado de 1864; e finalmente unha última parte na que da conta de dous acontecementos históricos ocorridos nos anos 1939 e 1946 e que inciden directamente nas relacións de convivencia.

Pola súa banda, José Luis Baltar felicitou a Paula Godinho polo documentado traballo que foi merecedor do premio e dixo que a Deputación de Ourense ten mostrado interese no apoio da publicación dos premios Taboada Chivite “porque entre os seus obxectivos está o fomento e a difusión da creación artística, literaria e científica na provincia de Ourense, e porque os traballos gañadores adoitan estudar as relacións de Galicia e Portugal nos seus aspectos históricos, antropolóxicos ou arqueolóxicos e sempre relacionados coa nosa provincia”.

Baltar afirmou que o traballo premiado este ano estuda a área dos concellos de Chaves, polo lado portugués, e de Vilardevós, Verín, Oímbra e Cualedro, en Ourense, “e desenvolve un tema especialmente interesante, pois a fronteira galaico-portuguesa é un fenómeno cultural complexo en toda a súa extensión, unha zona porosa aos fluxos de persoas, bens e saberes e diso trata esta publicación que ven de editar a Deputación provincial”.
O presidente da Deputación dixo que a Raia foi máis una división administrativa e xeográfica “pois para os veciños dun e doutro lado tal división nunca existiu no que atinxe ás relación humanas, que sempre foron fondas, cordiais e duradeiras no tempo”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, VIERNES
 
Rodríguez agradece a la Xunta que mantenga los proyectos de la Cidade da Xustiza y el Centro de Saúde de O Couto
La Asesoría Xurídica de la Xunta insiste mucho en curarse en salud de los efectos de cualquier error
El PP acusa al Gobierno de Ourense de emplear la RPT del Concello “para sus intereses políticos”
La Plataforma pola Defensa del Instituto en el Mosteiro de Celanova llevó sus protestas a Santiago
La CHD advierte de que no autorizará el Parque de Tamagos, Verín, con las deficiencias actuales