Aberto o prazo de inscrición para o IV Circuito de Gateo para bebés deste vindeiro sábado
 
Este sábado, na explanada da fonte das Burgas, terá lugar o IV Circuito de Gateo para bebés que organiza a Concellería de Saúde do Concello de Ourense. O prazo de solicitudes está aberto, e poderán formalizarse incluso ata mesmo antes da carreira. A actividade englóbase na celebración da semana internacional da lactancia materna
 
 
 
 
14 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Con motivo da celebración da semana internacional de lactancia materna, a Concellería de Saúde organiza, dentro dos actos programados para a conmemoración da mesma, a cuarta edición do Circuíto de Gateo para bebés, no que poderán participar tódolos bebés que o desexen. A actividade terá lugar este sábado, 15 de outubro, na explanada da fonte das Burgas, a partir das 10:30 h. O prazo de inscrición manterase aberto tanto mañá venres nas dependencias da Concellería de Saúde -rúa da Concordia, 20-, coma o sábado, no propio circuíto antes da carreira.

Os bebés participantes levarán unha camiseta e un dorsal identificativo que permitirá que os primeiros clasificados da carreira nas diferentes categorías sexan galardonados con premios e agasallos por parte da organización. O fin da actividade consiste en promocionar o gateo como exercicio que estimula importantes funcións do organismo, desenvolvendo unha xornada de portas abertas de esparexemento, xogos e música, adicada ós bebés e ás súas familias. A fase de gateo é precisa para os nenos para un óptimo desenvolvemento. As familias non deberían apurar a camiñar ós nenos, senón darlles a oportunidade de arrastrarse polo chan, para desenvolver importantes funcións psicomotrices, sinala o departamento de Marga Martín.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marga Martín