O IMAGINA ATLÁNTICA arrancou coa proposta de convocar un premio europeo para traballos conxuntos
 
A convocatoria dun premio europeo para traballos conxuntos (aló menos de dous artistas), e cuxas obras teñan como obxectivo a integración no medio urbano e a posta en valor das cidades, provincias e rexións que participan no proxecto, foi a primeira idea e proposta que contabilizou este mesmo xoves, nada máis abrirse, o IMAGINA ATLÁNTICA. O proxecto presentouse este xoves e as actividades continúan este venres
 
 
 
 
 
14 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu este xoves a presentación do proxecto “IMAGINA ATLÁNTICA”, unha iniciativa que ten como obxectivo promover a iniciativa empresarial no ámbito do audiovisual, con aplicacións no eido da imaxe e do turismo. O orzamento total do proxecto ascende a 1.633.647 euros, cun cofinanciamento do 65% do FEDER, que ascende a 1.061.871 euros.
Técnicos de España, Portugal, Francia e gran Bretaña, os catro países que forman parte do proxecto, danse cita ata este venres en Ourense para debater sobre dous temas de grande importancia no sector audiovisual como son a “Circulación e distribución audiovisual” e o “Intercambio entre festivais de cine do Arco Atlántico”.

Unha das iniciativas que xurdiron na xuntanza dese xoves foi a posibilidade de convocar un premio europeo para traballos conxuntos (aló menos de dous artistas), e cuxas obras teñan como obxectivo a integración no medio urbano e a posta en valor das cidades, provincias e rexións que participan no proxecto. Neste sentido, valorarase no premio o uso das novas tecnoloxías (imaxe, son, proxeccións de imaxes dixitais…), e as obras itinerarían polos países que participan no proxecto.

O presidente da Deputación del Ourense, José Luis Baltar, dixo na presentación que a importancia deste programa europeo “radica en que ten á promoción turística como obxectivo fundamental, pero unha promoción turística baseada nas novas tecnoloxías, para impulsar a través de Internet e doutros soportes dixitais o coñecemento da riqueza patrimonial e natural da provincia de Ourense, e en particular nesta ocasión da Ribeira Sacra”.
Baltar afirma que o feito de dispoñer dunha plataforma de ámbito europeo, a través do proxecto IMAGINA ATLÁNTICA, permitirá promocionar en Portugal, Francia e Gran Bretaña as excelencias do noso potencial turístico, “para atraer cara á nosa provincia ao turismo estranxeiro, principalmente destes países”.

Os seminarios están organizados polo Negociado de Planificación da Deputación de Ourense, en el participan xunto á institución provincial entidades autonómicas, rexionais e locais, así como centros tecnolóxicos e da imaxe de 4 países (España, Portugal, Francia e Gran Bretaña).
O obxectivo do proxecto é promover a reconversión e a diversificación económica e o potencial rexional a través dunha Axencia de Promoción das Novas Tecnoloxías da Imaxe a escala atlántica, para poñer en valor o patrimonio atlántico. Para elo desenvólvense programas de intercambios profesionais (empresarios, técnicos e estudantes) en novas tecnoloxías da imaxe, e ofrécese apoio financeiro ás artes e ao sector da imaxe.
O proxecto porá tamén en funcionamento un clúster para a creación dunha rede de itinerarios turísticos e culturais, empregando os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías da imaxe. Neste senso, desde a Deputación de Ourense tratarase de xerar un valor engadido á Ribeira Sacra.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, JUEVES
 
La subida del IVA de julio y la cuenta vivienda producen un 36% más de operaciones de compra-venta de vivienda...
La Audiencia de Ourense le recomienda a Vila Rodríguez otras vías para resarcirse de las críticas a su gestión
O Tinteiro reabre convertido ahora en un mirador sobre el río Miño
El TSXG da la razón a CIG-Ourense y valida a sus representantes en la negociación de Inditex
La receta electrónica no funciona todavía en Coles, Amoeiro, Vilamarín y A Peroxa, según el BNG