Presentada a clásica pedestre do San Martiño, que este ano acada a súa 35 edición
 
A que máis de 7.500 corredores tomen parte na 35 Edición da Carreira do San Martiño, aspira a Concellería de Deportes do Concello de Ourense que este xoves presentou esta clásica pedestre da capital ourensá. Correrase este ano o primeiro domingo de novembro, día 6, e a proba conta con un orzamento de 117.000 euros
 
 
 
 
 
14 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense vén de presentar este xoves, 13 de outubro, a 35 Edición da Carreira do San Martiño, cuxo prazo de inscricións xa está aberto. Referente ourensán do deporte popular e plural, a San Martiño aspira a acadar e mesmo superar os máis de 7.500 atletas que o ano pasado se deron cita na cidade.
A Tenente Alcalde de Ourense, Isabel Pérez, e o Concelleiro de Deportes Fernando Varela foron os encargado de presentar hoxe no Salón de Plenos a 35 edición da San Martiño,  que se celebra o vindeiro 6 de novembro.

A actividade conta cun orzamento de 117.000 euros, dos que até un 30% é aportado polos patrocinadores, aos que o edil de Deportes, o nacionalista Fernando Varela quixo adicar “un sinceiro agradecemento polo seu esforzo e compromiso co deporte ourensán”, destacando tamén a implicación de clubes deportivos como Academia Postal ou Cub Ourense Baloncesto. 
Pola súa banda a Tenente Alcalde salientou  a relevancia dunha proba “histórica e moi querida por todos os ourensáns” que cada ano “inunda as rúas da cidade nunha verdaderia festa do atletismo e do deporte en xeral que sitúa Ourense no mapa pola súa proxección máis alá don lindes municipais”.
Tanto Pérez como Varela fixeron fincapé ademais no compromiso institucional con esta competición “que debe ser aproveitada como unha magnífica oportunidade de dinamización turística e deportiva de Ourense”.

A 35º edición da San Martiño, incluída no calendario da Real Federación Galega de Atletismo, mantén a súa dobre carreira con percorrido de 10 quilómetros (homologado pola RFEA)  na categoría xeral, e 4,5 quilómetros para escolares, o que asegura a máxima participación nas diferentes categorías e   seu carácter de competición “popular”.
O encargado de dar a saída este ano, ás 11 horas no Pavillón dos Remedios, será o corredor Santi Pérez, histórico atleta galego que foi  olímpico en Pekín 2008.  Policía Local e un corpo de voluntarios e voluntarias velarán de xeito coordinado polo bo desenvolvemento da proba, que contará cos habituais  controis e  avituallamientos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, JUEVES
 
La subida del IVA de julio y la cuenta vivienda producen un 36% más de operaciones de compra-venta de vivienda...
La Audiencia de Ourense le recomienda a Vila Rodríguez otras vías para resarcirse de las críticas a su gestión
O Tinteiro reabre convertido ahora en un mirador sobre el río Miño
El TSXG da la razón a CIG-Ourense y valida a sus representantes en la negociación de Inditex
La receta electrónica no funciona todavía en Coles, Amoeiro, Vilamarín y A Peroxa, según el BNG