Comeza este xoves Imagina Atlántica, proxecto no que participa a Deputación de Ourense
 
Comeza este xoves en Ourense Imagina Atlántica, un proxecto que ten como obxectivo promover a iniciativa empresarial no ámbito do audiovisual con aplicacións no eido da imaxe e do turismo. O proxecto desenvólvese a través de dous seminarios estes xoves e venres no Centro Cultural da Deputación, institución que colabora con este proxecto.
 
 
 
 
13 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense presenta este xoves o proxecto Imagina Atlántica, que ten como obxectivo promover a iniciativa empresarial no ámbito do audiovisual, con aplicacións no eido da imaxe e do turismo.
Trátase de dous seminarios nos que se analizarán dous temas de grande importancia no sector audiovisual como son a “Circulación e distribución audiovisual” e o “Intercambio entre festivais de cine do Arco Atlántico”. O seminarios terán lugar estes xoves e venres no Centro Cultural.

No proxecto europeo Imagina Atlántica, a Deputación de Ourense participa xunto a entidades autonómicas, rexionais e locais, así como centros tecnolóxicos e da imaxe de 4 países (España, Portugal, Francia e Gran Bretaña).
O obxectivo do proxecto é promover a reconversión e a diversificación económica e o potencial rexional a través dunha Axencia de Promoción das Novas Tecnoloxías da Imaxe a escala atlántica, para poñer en valor o patrimonio atlántico. Para elo desenvólvense programas de intercambios profesionais (empresarios, técnicos e estudantes) en novas tecnoloxías da imaxe, e ofrécese apoio financeiro ás artes e ao sector da imaxe.

O proxecto porá tamén en funcionamento un clúster para a creación dunha rede de itinerarios turísticos e culturais, empregando os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías da imaxe. Neste senso, desde a Deputación de Ourense tratarase de xerar un valor engadido á Ribeira Sacra.
O orzamento total do proxecto ascende a 1.633.647 euros, cun cofinanciamento do 65% do FEDER, que ascende a 1.061.871 euros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, MIÉRCOLES
 
Experimentan técnicas para frenar la erosión de las lluvias en la superficie quemada del Macizo Central
PSOE y PP podrían haber aprobado la instalación de una planta de tratamientos de lodos fecales en Maside
Freire Couto ningunea a las XX.SS., que le recuerdan a Vázquez sus compromisos
Baltar quiere un “mapa de necesidades” de Ourense para afrontar las “eleccions da crise” de 2011
Acuña denuncia que la “primísima” de Núñez Feijóo es la única que no dimite en la sanidad pública ourensana