Destacados xuristas e xornalistas este xoves en Ourense nas Xornadas sobre Comunicación e Xustiza
 
 
 
11 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

A Universidade de Vigo e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), coa colaboración da Deputación de Ourense, organizan as “II Xornadas sobre Comunicación e Xustiza”, que terán lugar os días 13 e 14 de outubro, xoves e venres próximos, no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Este foro de encontro e debate traerá a Ourense destacados xuristas e xornalistas, entre os que figuran o maxistrado Fernando Grande-Marlaska ou a xornalista Cristina Villanueva, que nesta edición debaterán sobre o tema: “A información sobre casos sensibles”, un asunto de plena actualidade e que tanta controversia xera na sociedade e nos medios de comunicación.

O xoves, día 13, ás 17.00 horas, terá lugar no salón de actos do Centro Cultural a inauguración das xornadas, coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o vicepresidente do CXPX, Fernando de Rosa; o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa; a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras; o decano do Colexio de Avogados de Ourense, Arturo González; e a profesora de Dereito Procesal e directora das xornadas, Inés Iglesias.

De seguido, desenvolverase a mesa redonda: “A información xudicial nos supostos da violencia de xénero”, na que participarán Inés Iglesias, Ángeles Carmona, secretaria xudicial; a xornalista Cristina Villanueva e o director de Comunicación do CXPX, Agustín Zurita.

O venres, 14 de outubro, ás 9.30 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre “A incidencia da noticia xudicial nos procesos mediáticos”, coa participación do maxistrado Fernando Grande-Marlaska, o profesor Fernando Ramos, o xornalista Raúl Quián, e a directora de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, María Montero.
A clausura das xornadas terá lugar ese mesmo venres, ás 12.00 horas, coa presenza de Antonio Dorado, vogal do CXPX, e de Miguel Michinel, decano da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

 
 

Fernando Grande-Marlaska

 

 

 

 

Destacados xuristas e xornalistas, entre os que figuran o maxistrado Fernando Grande-Marlaska ou a xornalista Cristina Villanueva, debaterán estes xoves e venres en Ourense sobre o tema “A información sobre casos sensibles”. Tratáse das II Xornadas sobre Comunicación e Xustiza que organizan a Universidade de Vigo e o Consello Xeral do Poder Xudicial, coa colaboración da Deputación de Ourense.
 
 

 

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, LUNES
 
El relevo de Antonio Pérez por Isáac Vila en el Concello de Xinzo de Limia es una incógnita que sólo resolverá ...
Isáac Vila exigió silencio para despedirse frío y cortante, pero su relevo llegará en un pleno caliente
EL PSOE ourensano acusa a la CEO y a la Cámara de Comercio de “seguidismo” del PP en el AVE
Baltar quiere un “mapa de necesidades” de Ourense para afrontar las “eleccions da crise” de 2011
Acuña denuncia que la “primísima” de Núñez Feijóo es la única que no dimite en la sanidad pública ourensana
 

Añade OuD a tu Google