O Concello afronta cunha campaña para reducir o nivel de lixo por habitante na capital ourensá
 
O Concello de Ourense pretende a través dunha campaña informativa e de concienciación, reducir o nivel de lixo por habitante e a súa implicación activa no proceso de reciclaxe. A campaña leva por lema "Ourense é a túa casa", e foi presentada este luns. Segundo datos de Sogama, Ecoembes e Ecovidrio, cada ourensán produce unha media de casi un kilo de residuos ao día, 36.000 toneladas ao longo do 2010
 
 
 
 
 
11 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Segundo datos de Sogama, Ecoembes e Ecovidrio, entidades que xestionan a reciclaxe na nosa cidade, cada ourensán xenera unha media de 0,9 kg de residuos ó día, o cal supuxo no ano 2010 un total de 36.000 toneladas. O Concello de Ourense pretende a través dunha campaña informativa e de concienciación, reducir o nivel de lixo por habitante e a súa implicación activa no proceso de reciclaxe.
É o eixo principal da nova campaña que se ven de presentar este luns, e que leva por lema "Ourense é a túa casa".
Na presentación, a concelleira de Limpeza, Susana Bayo, destacou a importancia da colaboración en materia de reciclaxe e a concienciación cidadá para evitar erros frecuentes como é a deposición de impropios (lixo que debería ir en outros contenedores).

A campaña xorde como unha necesidade para concienciar ós cidadáns e consiste nunha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a identificación dos contenedores, ampliar a información sobre reciclaxe da que dispoñen os cidadáns e potenciala separación selectiva de lixo a través de iniciativas que impliquen a súa participación activa.
“Ourense é a túa casa” incluirá a nova identificación dos contenedores da cidade cun adhesivo identificativo dos residuos que se deben depositar en cada contenedor, e vinilos no chán lembrando o correcto uso dos contenedores, o reparto de dípticos informativos e a inserción dun folleto explicativo sobre a correcta reciclaxe na próxima factura da auga e recollida de lixo.
Todas estas iniciativas teñen coma obxetivo fomentar o coñecemento en materia de reciclaxe que teñen os cidadáns e coa súa colaboración seguir mellorando na recollida selectiva de basuras.

Esta campaña iniciase con información sobre a correcta reciclaxe de papel, envases e vidro e seguiranlle accións sobre a recollida de aceite, coa instalación de contenedores de aceite en diferentes puntos da cidade e reparto de embudos para os cidadáns e fomentar a compostaxe, que é un proceso de xestión do lixo, que consiste en reintegrar os desfeitos orgánicos no proceso productivo do solo como fertilizantes en base a unha descomposición aeróbica.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, LUNES
 
El relevo de Antonio Pérez por Isáac Vila en el Concello de Xinzo de Limia es una incógnita que sólo resolverá ...
Isáac Vila exigió silencio para despedirse frío y cortante, pero su relevo llegará en un pleno caliente
EL PSOE ourensano acusa a la CEO y a la Cámara de Comercio de “seguidismo” del PP en el AVE
Baltar quiere un “mapa de necesidades” de Ourense para afrontar las “eleccions da crise” de 2011
Acuña denuncia que la “primísima” de Núñez Feijóo es la única que no dimite en la sanidad pública ourensana