Entregadas as bolsas inviduais da Concellería de Deportes a 52 deportistas ourensáns
 
Un total de 52 deportistas ourensáns recibiron este xoves as bolsas individuáis que creou a Concellería de Deportes do Concello de Ourense. Son axudas económicas a estes deportistas, que se estruturan en tres modalidades, segundo o deportista sexa de iniciación, cualificado ou de alto nivel. Van dos 1.200 aos 1.500 euros
 
 
 
 
 
7 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu este xoves o acto de entrega das bolsas a deportistas individuais que o Consello Municipal de Deportes vén de conceder por segundo ano consecutivo “como recoñecemento e apoio a traxectorias destacadas de deportistas individuais ourensáns”. A Tenente Alcalde, Isabel Pérez, e o Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, fixeron entrega de até 52 bolsas dirixidas a atletas de diferentes modalidades deportivas como ximnasia, natación, wushu ou halterofilia. 
Esta modalidade de axudas ao deportes foi introducida pola Concellaría de Deportes o pasado ano como “reforzo e respaldo a casos particulares de deportistas que non tiñamos posibilidade de abordar co habitual sistema de axudas”.
A dotación orzamentaria para esta edición  ascedeu aos 25.000 euros.

A Concellaría de Deportes, a través do Consello Municipal resolveu por en marcha estas axudas “para  a mellora a perfeccionamento de deportistas que teñan destacado en competicións oficiais de carácter individual” e estableceu ao respecto tres liñas diferentes de axudas “que responderan as realidades individuais dos beneficiarios”: de iniciación, destinadas a deportistas menores de 21 anos cunha cuantía máxima de 1.200 euros; de cualificación, para deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cunha cuantía máxima de 1.300 euros; e de alto nivel, para deportistas que acaden a condición de alto nivel pola xunta de Galicia, cunha cuantía de 1.500 euros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 7, JUEVES
 
Rodríguez anuncia que el Concello encarecerá sobre lo previsto el proyecto de entrada del AVE en la ciudad
BNG y PSOE confunden a Ourense en la llegada del AVE a la ciudad y la Estación Intermodal
La deuda del Concello de Allariz equivale ya a todo el Presupuesto de 2011, asegura el PP
El Concello de Allariz tiene 19 cuentas en 8 entidades, 2 a cero y otras 2 en números rojos
Un ingeniero aeronáutico reclama 152.000 euros a la Deputación de Ourense por un proyecto de 1992