Rematados os traballos de remodelación e mellora da pista deportiva da Cruz Alta-A Milagrosa
 
Sigue a Concellería de Deportes no seu intento de reequilibrar as dotacións deportivas na cidade, especialmente nos seus barrios. Ven de recuperar a normalidade a pista do de A Cruz Alta e A Milagrosa, unha vez rematados os traballos de mellora integral con novo pavimento filtrante instalado nesta cancha
 
 
 
 
5 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A pista deportiva aberta de baloncesto do barrio da Cruz Alta e A Milagrosa recupera estes días a súa actividade logo de que a Concellería de Deportes veña de rematar os traballos de mellora integral con novo pavimento filtrante nesta instalación. A intervención, orzamentada en 28.327 euros, supuxo a dotación dun novo peche para a parcela para mellora das súas condicións de seguridade así como o arranxo do pavimentado da cancha.

As obras incríbense no Plan de Instalacións Deportivas que a Concellería que dirixe o nacionalista Fernando Varela ven desenvolvendo nos últimos anos para a actualización, posta ao día e mellora das infraestruturas deportivas, favorecendo a optimización dos seus usos.
Esta actuación responde a unha vella demanda dos propios veciños, e contribúese así a facer realidade o compromiso central deste departamento municipal coa cidadanía, que é o de favorecer e facilitar o acceso á práctica deportiva en todos os sectores.

"As instalacións deportivas dos barrios e a súa dinamización cumpren así un papel fundamental no cumprimento deste obxectivo, ao tempo que desde a Concellaría continúase a traballar na ampliación e dotación de novas infraestruturas para a cidade", sinala a Concellería de Deportes do Concello de Ourense.
A xa rematada actuación na pista deportiva resposta así a unha vella demanda dos propios veciños e contribúe a corrixir os desequilibros e déficits que en materia de infraestruturas deportivas ten presentado a cidade durante anos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Xosé Fernando Varela Parada  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA