Guillerme Vázquez di que en Galicia hai un anticipo do que fará o PP en Madrid si gaña o 22-N
 
Posta de largo este martes da candidatura do BNG por Ourense ao Congreso e ao Senado coa presenza do portavoz nacional Guillerme Vázquez. Encabeza o ex senador por designación autonómica Xosé Manuel Pérez Bouza, mentras no acto de presentación Guillerme Vázquez advertiu de que os galegos teñen en Galicia un anticipo do que fará o PP no Estado si o 22-N os populares ganan as xerais
 
 
 
 
 
5 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, sinalou en Ourense este martes que, se chega a gobernar, o PP levará a Madrid, “a mesma política que Feijóo está practicando na Galiza. Esa política que nos leva a liderar o paro e a que a caixa non valga nada e os directivos se xubilen con pensións multimillonarias”.
O líder nacionalista acudiu á presentación dos candidatos e candidatas do BNG pola provincia de Ourense ás eleccións do 20-N, e diante de As Burgas ironizou dicindo que “non fai falta ser adivino para saber o que fará Rajoy na Moncloa, o PP que se presenta como o cambio, no mellor dos casos será o recambio”.

A lista do BNG está encabezada por Xosé Manuel Pérez Bouza ao Congreso, e complétana Susana García, número 2, e Manuel Agra Villar, reponsable local do BNG no Barco de Valdeorras, e María Teresa Barge Bello, alcaldesa de A Bola, nos números 3 e 4, respectivamente.
Ao Senado aspiran a concelleira en Allariz, Teresa Devesa Graña, o sindicalista da CIG, Xosé Ramón González Losada, e o membro do Consello municipal do BNG no Ribeiro, Xosé Manuel González Vilas.

Precisamente Xosé Manuel Pérez Bouza amosou a súa confianza en que o BNG conseguirá representación pola provincia, e lembrou que “o BNG é a única posibilidade de que o PP non incremente a súa representación en Ourense”.
“O BNG é a forza máis útil, a que defende os intereses da nosa provincia e así o demostramos”, xa que, segundo relatou, “non houbo un problema que non merecese unha iniciativa do BNG nestes anos. Temos o aval do traballo feito frente ao PP e ao PSOE”, dixo o que nesta lexislatura pasada fora senador do BNG por designación autonómica.
A tenenta de alcalde e portavoz municipal do BNG no Concello de Ourense, Isabel Pérez, destacou na súa intervención a valía dos candidatos e candidatas nacionalistas, “a equipa da casa, dispostos a xogar este partido para defender a Galiza”.
Todos e todas van facer unha campaña “de proximidade” e son os únicos que se preocupan “polos problemas da xente”, sinalou Isabel Pérez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, MARTES
 
Rodríguez pide un mandato más para completar la transformación de Ourense, ...
El BNG acusa a Madrid de jugar al despiste con Ourense en los Presupuestos Generales de 2011
El PSOE denuncia ahora que los cuatro ediles del Gobierno de Maceda no pagan la contribución
La Xunta invierte 2 millones de euros en cuatro carreteras de la comarca de O Ribeiro
El fuego quemó este pasado fin de semana en Ourense 180 hectáreas de monte, 40 de ellas arboladas