Co mes de outubro, o FITO converte Ourense na capital do teatro internacional máis actual
 
Co mes de outubro chega a Ourense unha nova edición do FITO, o Festival Internacional de Teatro de Ourense. É a cuarta edición que mantén os estándares de vangarda, calidade e, ante todo, internacionalidade, destacouse ao ser presentado este martes. O programa estará formada por 12 propostas que chegan de países europeos e Chile, además de propostas estatais de Murcia e Extremadura, ademais das galegas
 
 
 
 
28 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Do 1 ao 11 de outubro Ourense voverá a converterse nunha capital cultural coa celebracion do Festival Internacional de Teatro de Ourense, o FITO, que este ano acada a súa cuarta edición mantendo os seus estándares de vangarda, calidade e, ante todo, internacionalidade.
Doce propostas integran un programa con presenza de países como Noruega, Dinamarca, Italia, ou Chile, entre outros, ademais de referencias estatais (Murcia, Estremadura) e galegas.
Organizado pola compañía residente do Auditorio Municipal, Sarabela Teatro, o FITO 2011 é unha clara aposta pola teatro de altura e actúa xa como cita consolidada dentro do ciclo anual Teatrauria. Para a Tenente Alcalde e Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, “iniciativas como a FITO contribúen a pór en valor o teatro como sinal de identidade do Ourense cultural. O noso apoio dá resposta ao compromiso cultural que temos coa cidade: non renunciar á cultural plural e enriquecedora en tempos de austeridade”, sinalou este martes a titular de Cultura.

Ánxeles Cuña, directora de Sarabela, agradeceu o apoio de institucións, colabores e dun público que edición tras edicións amósase fiel e comprometido coa escena teatral, creando novos espectadores.
Isabel Pérez destacou a coidada selección dun programa “que mantén a máxima calidade nun tempo de recortes” grazas en boa medida ao apoio de institucións “que non estamos dispostas a descoidar a programación cultural que lle debemos á cidadanía”.
Isabel Pérez volveu aproveitar para reinvidicar o papel dinamizador da actividade artística e en concreto do teatro “que dende os albores da humanidade ten servido para xerar emocións e reactivar conciencias durmidas” polo que manifestou a necesidade de que “xa que a vida é parte activa do teatro o teatro debe forma tamén parte da nosa vida”.

A FITO 2011 desenvolveráse entre os días 1 e 11 de outubro con xornadas de programación teatral ininterrumpida en diferentes espazos da cidade: o propio Auditorio Municipal, a Teatro Principal, o Centro Simeón, as instalacións do Campus e as propias rúas da cidade.
Ademais da  programación de espectáculos, o FITO achega este ano unha programación paralela que inclúe actividades de formación,  animación de rúa e actos culturais. Para o día 8 esta prevista a presentación do novo número da Revista Galega de Teatro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA