Xinzo e Verín reciben máis de 9.000 euros en programas dirixidos a emigrantes extracomunitarios
 
 
 
6 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

A Secretaría Xeral da Emigración ven de facer pública a resolución das subvencións concedidas a concellos, mancomunidades e consorcios locais, para a realización de programas no 2011 destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria en Galicia.
A listaxe resolve a convocatoria realizada en abril deste ano, na que se fixaba sistema de concorrencia competitiva, é dicir, elección das mellores ofertas entre tódalas presentadas, segundo baremo técnico publicado, e acorde aos obxectivos estratéxicos marcados polas propia Secretaría.

Para este fin de subvencionar programas realizados polas entidades locais e destinados á inserción de cidadáns extracomunitarios, o departamento que dirixe Santiago Camba destina nesta convocatoria concreta 400.000 euros, se ben neste ano se aprobou un investimento doutros 400.000 euros para programas co mesmo obxectivo e desenvolvidos por ONGDs.
Desta maneira, sumando os cartos cos que Emigración subvenciona programas levados a cabo por corporacións locais, e por ONGDs, a cifra global acada os 800.000 euros, dedicados por Emigración a programas de inserción da poboación inmigrante con orixe en países fóra da Unión Europea.

A listaxe de entidades locais subvencionadas, publicada na edición deste luns do DOG, inclúe os 47 concellos, mancomunidades e consorcios galegos aos que Emigración subvenciona, nesta convocatoria, cunha contía superior a 3.000 euros. Destacan pola contía percibida o consistorio de Vigo (30.501 euros), seguido da Coruña (21.449), Santiago (13.853), o Consorcio das Mariñas (12.937), Ames (12.095), e Vilagarcía de Arousa (12.077).

 
  Santaigo Camba, secretario xeral de Emigración
Xinzo de Limia e Verín son os concellos da provincia de Ourense aos que a Secretaría Xeral de Emigración consigna máis diñeiro dos programas para favorecer os procesos de acollida e integración da poboación emigrante extracomunitaria en Galicia. En total o departamento de santiago Camba destina 400.000 euros este ano, aos que hai que sumar outros 400.000 de programas desenvolvidos por ONGDs
 
 

De entre as 14 entidades locais que superan os 9.000 euros recibidos, na provincia da Coruña hai 6: Ames, Ribeira, Santiago, Arteixo, Betanzos, e a propia capital provincial. Na demarcación de Pontevedra, son 4: Vilagarcía de Arousa, Marín, Vigo, e Lalín. En Lugo, 2: o Consorcio das Mariñas, e a propio concello lugués. E, finalmente, en Ourense, outros 2: Xinzo de Limia, e Verín.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

Añade OuD a tu Google