O Municipal de Ourense acolle a obra do Grupo londinense Riverside ata o 2 de outubro
 
Fai agora 15 anos que pasaron por Ourense, onde se atopan de novo os artistas do Grupo londinense Riverside. É un colectivo que se formou no 1968 no barrio de West. Empregan pintura, collage, fotograría e outros materiais cos que os artitas revelan a súa visión da vida. No Museo Municipal ata o 2 de outubro
 
 
 
 
2 de AGOSTO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Museo Municipal acolle dende o pasado 28 de xullo a súa mostra máis internacional grazas á exposición  "Os nosos fondos IV" que permanecerá aberta ó público ata o vindeiro 2 de outubro.
Desta vez, as pezas expostas son obras do Grupo de Artistas de Riverside (Riverside Artists Group, R.A.G), un colectivo de artistas que se formou en 1968 no barrio londinense de West. Xa hai 15 anos dende a súa primeira exposición en Ourense, e que, xa daquela achegaba o reflexo da orixe multicultural da capital británica.

Grazas a José Suárez, que é orixinario da Galiza, a iniciativa do intercambio cultural comeza na cidade de Ourense. Houbo catro exposicións en España: en 1996 e 2002 no Museo Municipal de Ourense, en 2010 no Museo Ramón María Aller en Lalín, e agora outra vez en Ourense en 2011. A técnica do Museo Municipal de Ourense, Eva Torres, optou por presentar un número de traballos daquelas exposicións pasadas que forman parte da colección do Museo, para que se mostren xunto á selección actual.

Empregando pintura, collage, fotografía e outros materiais, os artistas revelan a súa visión da vida. Con diferentes estilos e con diferentes puntos de partida a exposición mostra coma nós percibimos a nosa sociedade e recoñecemos o estado do noso mundo. Entre o artista e o observador, esta é unha incalculable forma de comunicación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google