A organización da MIT fala de “grande éxito” da 26 edición do Festival de Teatro de Ribadavia
 
Xa superado o ecuador da 27 edición da MIT, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, as impresións e sensacións dos organizadores non poden ser mellores: “altamente” positivas, sinalan. A MIT empeza xa a dispoñerse para o remate, pero aínda quedan excelentes espectáculos, autenticos pratos fortes teatrais, na xornada deste venres, por exemplo
 
 
 
 
22 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

Pasado o ecuador da 27 edición do festival de Ribadavia, “a valoración da dirección é altamente positiva”, sinalan os responsables da Mostra de Teatro de Ribadavia. “A incidencia socioeconómica e a porcentaxe de ocupación do aforo do Castelo son as mellores probas do gran éxito que a programación desta edición está a suscitar”, engádese ao respecto.
O espectáculo infantil da Casa da cultura, El truco de Olej (Uruguay) rexistrou un aforo completo e unha altísima nota nas votacións do público. A Praza Maior rexistra un axitado tránsito de visitantes, que moitos hosteleiros valoran como “máis xente de fóra ca outros anos”, e o desafío ao mal tempo do luns foi contundente na resposta do público, cun total de máis de 750 espectadores no auditorio do Castelo no espectáculo de Ur Teatro, e aforo completo no Adro de Santo Domingo, no espectáculo Dança da Morte.

Para os próximos días cabe destacar a seguinte oferta:
Malayerba-Ecuador-La razón blindada. Esta obra recibiu o Premio ao Mellor espectáculo de Teatro-Huesca 2006 e ten como pano de fondo a ditadura arxentina dos anos 70.
O venres ás 23:00 Hs. no Castelo, o público galego poderá gozar da estrea en Galicia do espectáculo Veraneantes, unha coprodución de Teatro de la Abadía con Kamikaze, dirixida por Miguel del Arco, que xa é cualificado pola crítica especializada como un dos incontestables do teatro español contemporáneo, un espectáculo de consagración dun director portentoso en palabra de Marcos Ordóñez.

Para a clausura a MIT aposta por un tipo de espectáculo moi valorado en edicións anteriores, a comedia musical, unha proposta escénica que pon en valor o portento musical e técnico, a reciclase da percusión con obxectos como embudos, culleres, cestos, platos, etc.
Radio Armeniac é un espectáculo onde a música e o circo se unen para da vida a unha comedia moderna, con malabares e acrobacias e un toque de sensualidade. Un luxo de espectáculo, de alta e refinada comedia para terminar unha mostra de diversidade, que se completará coas marionetas xigantes paseando pola feira, polo mercado e as rúas de Ribadavia, as galiñas da compañía francesa Demons et Merveilles.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google