O Castelo de Maceda acolle a exposición “Seres de Babia” da macedá Belén Suárez Leal
 
O Castelo de Maceda acolle dende este 15 de xullo ata o 15 de agosto unha exposición da licencia en Belas Artes Belén Suárez. Leva por título “Seres de Babia”, e pretende homenaxear a técnica do debuxo que a autora considera base e soporte de toda creación artística
 
 
 
 
14 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Maceda acolle dende este venres, 15 de xullo ao 15 de agosto a Exposición “Seres de Babia” de Belen Suárez Leal. A Exposición manterase no Castelo de Maceda ata o 15 de agosto, en horario de apertura do Hotel-Monumento Castelo de Maceda.
O Concello de Maceda foi o encargado de por en marcha a infraestrutura necesaria para o desenvolvemento desta exposición, de maneria que “Seres de Babia” se hospeden durante un mes no Castelo macedán.
“Alí exhiben sen pretendelo, a través das súas ambiguas fisonomías, a intromisión do seu carácter”, sinalan os organizadores. “Conóceselle que son seres entrañables, reflexivos, meláncólicos e nostálxicos; sofren, as veces por ser outros e moitos  padecen do mal da metamorfose. Moi de cando en vez, cadramos todos nun mesmo lugar. Vémonos en Babia”, explícase ao respecto.

Belén Suárez Leal, a autora desta exposición, é do lugar de Cimadevila, na parroquia macedá de Tioira. Licenciada en Belas Artes, pretende con esta montaxe homenaxear a técnica do debuxo que considera a base, o soporte de toda creación artística. Mostra unha selección de quince obras realizas con materiais humildes, infantís -lápices de cores, grafito, papel- que “subliñan a inxenuidade dos seus seres”, sinala a autora de “Seres de Babia”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google