Ourense liderará a área de innovación termal da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais
 
Ourense liderará a área de Innovación Termal da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais. Deste modo, os proxectos deseñados en Ourense servirán de referente para as 26 cidades que forman esta asociación. No caso de Ourense, chama a atención o feito de que aquí se sume ao termalismo un importante número de mozos e persoas de mediana idade, o que confirma a capacidade do producto termal para ser atractivo para todo tipo de públicos
 
 
 
 
 
9 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

A cidade de Ourense liderará a área de Innovación Termal da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA). Na  reunión deste vernes da Asamblea Xeral da asociación, aprobouse a proposta realizada por Ourense de constituír unha área de investigación termal que deseñe e promova proxectos destinados a poñer en valor os recursos termais para mellorar a oferta turística das cidades europeas.
Os proxectos deseñados en Ourense servirán así de referente para as demáis cidades que forman a asociación (26 en total), entre as que se atopan vilas co potencial, tradición e prestixio en materia termal de Bath (Inglaterra), Budapest (Hungría), Vichy (Francia), Spa (Bélxica) ou Karlovy Vary (Chequia), entre outras.

A Asamblea da asociación de cidades acordou encomendar a Ourense o liderazgo da nova Área de Investigación Termal, tendo en conta factores como a riqueza termal da cidade, o seu patrimonio histórico-artístico, e natural, conxuntamente co seu potencial de investigación aplicada ó sector, en estreita colaboración coa Universidade, a través do campus de Ourense, e a súa condición de sé de certames como a feira Termatalia, plataforma e punto de encontro dos profesionais do sector a nivel nacional e internacional.
Segundo informa os respresentantes do Concello de Ourense nesta asamblea que se celebrou en Spa, Bélxica, José Ángel Vázquez Barquero e Isabel Pérez, “foi suliñado moi especialmente polas cidades membro da asociación como un elemento de especial interese o perfil de usuarios do termalismo en Ourense. Nun sector, o termal, no que a maioría de usuarios nas diferentes cidades europeas adoitan a ser persoas maiores, chama a atención o feito de que en Ourense súmase un importante número de mozos e persoas de mediana idade, confirmando a capacidade do producto termal para ser atractivo para todo tipo de públicos”, destácase.

A proposta aprobada pola Asamblea de Asociación Europea de Cidades Históricas Termais foi defendida pola delegación de Ourense, formada pola tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, e o autor do Plan Estratéxico Termal, Mario Crecente. A este respecto, confirmaron que o traballo a desenvolver dende Ourense centrarase na innovación destinada a ofertar un mellor producto turístico, que redunde de xeito directo no desenvolvemento económico, investigar nunha nova lectura dos recursos patrimoniais así como dos naturais (ríos, biodiversidade…), a oferta cultural ou a gastronomía para, en definitiva, promover innovación dende Ourense, para a nosa cidade pero tamén para tódalas cidades da asociación.

O Concello de Ourense promoverá a constitución dun equipo de traballo no que convidará a participar á Universidade de Vigo, e ó sector empresarial galego, a través da Asociación de Balnearios de Galicia, que achegará a experiencia dos seus empresarios en materia de desenvolvemento termal, conxuntamente con técnicos en termalismo, coa finalidade de traballar conxuntamente no deseño das propostas de acción que presentará ante a Asociación Europea.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Ourense participa en Bélxica no debate dun plan de marketing termal conxunto para toda Europa  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, VIERNES
 
Quinto intento del PP acceder a la cesión de derechos de autor de las fotos del concelleiro Espinosa
El Concello proyecta construir en A Chavasqueira dos hoteles termales con no menos de 150 habitaciones
Los populares exigen al titular de Fomento no más retrasos en la ejecución de las autovías gallegas
La Xunta consigna 600.000 euros para los puntos limpios de O Carballiño y Pereiro de Aguiar
“Violetas” abre este venres o cine ao aire libre “Baixo as Estrelas de Ourense”
 

 

Añade OuD a tu Google