Ourense participa en Bélxica no debate dun plan de marketing termal conxunto para toda Europa
 
Ourense está participando en Spa, Bélxica, na Asamblea Xeral da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) que remata este venres. As cidades participantes tiñan previsto avanzar no obxectivo de definir  estratexias conxuntas de promoción, e líñas de acción e proxectos a presentar ante a Unión Europea para acceder ás novas liñas de apoio
 
 
 
 
José Ángel Vázquez Barquero, concelleiro de Termalismo
8 de JULIO de 2011: OURENSE DIXITAL

A cidade de Ourense participa durante estes xoves e venres na Asamblea Xeral da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), que se desenvolve na cidade de Spa, en Bélxica. Durante dúas xornadas de traballo, os concellos participantes elaborarán un plan de accións destinado á posta en valor do patrimonio termal e histórico das cidades que forman a asociación, a través de iniciativas conxuntas que favorezan o desenvolvemento do seu potencial turístico.

A cidade de Ourense é a única de toda España que forma parte do Itinerario Cultural Europeo de Cidades Termais promovido pola asociación europea, unha rota que une a cidades que salientan polo seu potencial termal e histórico, como Vichy (Francia), Spa (Bélxica), Bath (Inglaterra), Acqui Terme (Italia) e Salsomaggiore (Italia).
Unha ruta á que se adherirán tamén as diferentes cidades que se incorporen á asociación. É o caso de Budapest (Hungría), Karlovy Vay (Chequia), Montecatini Terme (Italia), Evian les Bains (Francia) e Mont-Dore (Francia), que xa se incorporaron á asociación, máis as que se unan no transcurso da asamblea que hoxe comeza.

En representación do Concello de Ourense, participan nas xuntanzas a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, o concelleiro de Promoción Económica e Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, conxuntamente co autor do Plan Estratéxico Termal, Mario Crecente.
Na xornada deste xoves, segundo informa o propio Concello de Ourense, as cidades participantes tiñan previsto avanzar no obxectivo de definir  estratexias conxuntas de promoción e líñas de acción e proxectos a presentar ante a Unión Europea, para acceder ás novas liñas de apoio que a UE ten previsto implementar en materia de potenciación do turismo vencelladas ós itinerarios culturais europeos, como é o caso do termal no que se inclúe Ourense.

Tamén este xoves tiña lugar a presentación de novos membros da asociación, un encontro co director do Instituto Europeo de Rutas Culturais, Thomas Penette, e un debate sobre a protección do uso da terminoloxía spa, termal e termalismo. Na xornada de peche deste venres terá lugar a asamblea coa aprobación das conclusións e definición das accións a desenvolver por parte da asociación

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, JUEVES
 
CHM-S, Concello y SEPRONA mantienen vigilada la “explosión de algas” del Embalse de Cachamuiña
Publicado en el BOE el anteproyecto de la nueva EDAR de Ourense, prevista para 300.000 habitantes
El Contencioso Administrativo visa el proyecto de compensación de Finca Santamariña
Comisión Obreiras denuncia que a Consellería de Medio Rural premia a “delincuentes” en vez de castigalos
O PSOE pide a Baltar Pumar que deixe á oposición participar na elaboración dos tribunais das oposicións
 

 

Añade OuD a tu Google