Actividades para os nenos que fomentan a convivencia e o compañeirismo nas Festas de Ourense
 
A empresa ourensá “Run run, xogos e enredos” presenta un abano de actividades dirixidas aos máis cativos dentro das Festas de Ourense 2011. Comezan este mércores e prolongaranse até o venrtes, e tentan fomentar o compañeirismo, a convivencia e o respecto á natureza. Sempre sen deixar de divertirse. A Alameda, a Praza do Bispo Cesáreo e o Parque Barbaña serán os tres escenarios das actividades
 
 
 
 
22 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

“O mundo da volta ó mundo”, que se celebrará este mércores ás 18:30 Hs. no Parque Barbaña, é a primeira das actividades organizadas por “Run Run, xogos e enredos” para os máis cativos dentro do programa das Festas de Ourense 2011, do que se da conta dende a Concellería de Cultura. Haberá postos nos que se representarán distintos países (A India, Francia, Estados Unidos...), con elementos da súa cultura, deportes nacionais... “Os nenos poderán desprazarse de posto en posto, experimentando as particularidades de cada cultura”, sinala Galicia Gutiérrez, membro da organización.
Deste xeito, intensifícanse as actividades para os máis pequenos de cara as vindeiras datas.

Así, o xoves día 23, tamén ás 18:30 Hs., a actividade será “Vestindo a cidade vella”, na Praza de San Martiño. Os cativos decorarán a praza con ornamentos elaborados por eles mesmos, con material de refugallo (bolsas de plástico, botellas, envases...). “Estamos de festa e temos que mostrar a nosa ledicia. Para iso, convertemos as nosas prazas en puntos de creación plástica”.

E o venres día 24, concluirán as actividades organizadas por Run Run cunha Festa de Animación titulada “A Guanbabalubabalambambú”, na que recrearán o rock and roll dos anos cincuenta. Os organizadores animan “a tódolos cativos e os seus pais” a “acudir disfrazados, para participar en numerosas actividades, todas ambientadas con música de rock and roll”.

Sinala Cultura do Concello de Ourense que o obxectivo de todas estas actividades é “a máxima participación do neno, e sempre desde un punto de vista teatral, caracterizando as actividades segundo a temática”.

Máis actividades

Pero a oferta para os máis cativos non remata aí. A diario, e ata fin de festas, unha decea de atraccións animarán as tardes dos máis pequenos na Alameda e na Praza de Bispo Cesáreo, con coches de choque, tiovivos, unha pequena noria...

Tamén haberá obradoiros de iniciación á percusión na Praza Maior (de hoxe martes, ata o domingo, ás 13.00), festas da escuma (o mércores e o venres ás 17.30 no Parque Barbaña), a V Xira Galega de Karting (de xoves a domingo no Parque Barbaña), e obradoiros de maquillaxe e globoflexia, o xoves ás 18.30 no Parque Barbaña (organizado pola Asociación Xuvenil Amencer).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Xornada de transición nas Festas de Ourense: sigue todo o que comezou  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google