Cea dispono todo para a Festa da Exaltación do Pan desta vindeira fin de semana
 
Os 18 fornos de Cea terán que traballar a reo esta fin de semana para producir unhas 2.500 pezas de pan, as que se calcula que farán falla para a XX edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea que chega esta vindeira fin de semana. Os organizadores prevén romper nesta ocasión o teito das 15.000 persoas do que xa estivo moi preto na pasada edición
 
 
 
 
 
22 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Cunha previsión de chegar ata as 15.000 personas, a Festa de Exaltación do Pan de Cea chega a súa XX edición esta vindeira fin de semana. O presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez encabezou o acto de presentación da Festa no que tamén estivo o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares.
Carlos Manuel Rodríguez adiantou que nesta edición “esperamos chegar ás 15.000 persoas, xa que o ano pasado quedamos moi preto desta cifra e vemos que, ano a ano, a festa ten máis aceptación”.

Durante o día grande da celebración, que terá lugar o primeiro domingo do mes de xullo, o 3 de xullo, os 18 fornos adscritos á Indicación Xeográfica Protexida traballarán a reo para para poder ter as preto de 2.500 pezas de pan que se repartirán durante a celebración.
En canto aos pregoeiros, serán este ano os actores Patricia Vázquez e Tacho González, moi coñecidos polos seus papeis en Padre Casares. O pregón será a partir das 13 horas.

O afamado pan de Cea poderase degustar tanto á mañá, a partir das 13 horas, como á tarde, nunha xornada na que se repartirán as pezas acompañadas duns 100 quilos de chourizo na tradicional degustación de balde de Pan de Cea e chourizos ó viño.
Pasarrúas, orquestras e as actuacións das Pandereteiras de Cea e as tradicionais charangas tampouco faltarán no programa desta vixésima edición da festa, que se prolongará durante todo o día. Os viños das cinco Denominacións de Orixe galegas (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei); os augardentes de bagazo e herbas, e os licores café e de herbas amparados pola Denominación Xeográfica Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; os queixos Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa; e os produtos amparados polas Indicacións Xeográficas Protexidas tamén se dará cita nesta cita gastronómica que presidirá, como anfitrión que será, o Pan de Cea.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MARTES
 
La DGT y Fomento sumen a la A-52 en un caos este domingo que no prevén primero e ignoran después
O PSOE denuncia que a situación do Concello de Rairiz e “insostible” e “irrevesible” por culpa do alcalde
La Deputación de Ourense desconoce la denuncia del PSOE en Fiscalía del viernes, dice Baltar Pumar
Rodríguez elogia a Agustín Fernández por una labor “exemplar” al conseguir 10 millones de remanente
El PP dice que una cosa es ahorrar y otra hacerlo por la “incapacidad de gestionar”
 

 

Añade OuD a tu Google