Abren as Casetas Gastronómicas, o Teatro sae á rúa e Nena Daconte en concerto no Xardín
 
Na segunda xornada oficial das Festas Mayores de Ourense, abren ao público as Casetas Gastronómicas e sae a rúa o Teatro. A Mostra de Teatro na Rúa comeza con espectáculo “Zeppelin”, e ás Casetas Gastronómicas chega este ano Cataluña. Segundo dos grandes concertos no Xardín do Posío con Nena Daconte que sigue ao de Andrés Calamaro do venres pasado
 
 
 
 
 
21 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Este martes, segunda xornada oficial das Festas de Ourense, abren as Casetas Gastronómicas. Segundo a organización, “unha das actividades máis agardadas” que contabilizan xa sete anos.
A inauguración será ás 7 da tarde e as casetas estarán abertas tódolos días até a unha da maña. Pola mañá abrirán ás once até as catro da tarde.

A novidade deste ano é a incorporación de Cataluña, que participa por primeira vez, e que ofrecerá sabores tan exclusivos como a butifarra.
Coma en edicións anteriores, cada caseta ofertará o máis típico da súa área: na de Asturias, sidra natural escanciada, patacas ó cabrales, chourizos á sidra ou fabada “si no aprieta demasiado el calor”, segundo sinala a Coordinadora de montaxe e representante de Asturias, Irene Vázquez.
Desde Andalucía ofreceranse degustacións de pescado frito, ibéricos e tostas de xamón ibérico con tomate e aceite, regadas por fino, manzanilla e rebujito.
E Cuba ocuparase da sobremesa, cunha ampla variedade de cocteis. A coordinadora das Casetas Gastronómicas asegura que “la gente ya nos conoce, las Casetas son un lugar de encuentro, y hay gente que nos está esperando de un año para otro”.

Mostra de Teatro na rúa

Tamén este martes comeza a décimo quinta edición da Mostra de Teatro na rúa, cun espectáculo da compañía catalana “La Baldufa”, premiado en certames nacionais e internacionais. Titúlase “Zeppelin”, e inclúe un dirixible que “surcará” o ceo ourensán.
A representación dura unha hora e terá lugar ás 12 da mañá e ás oito da tarde, na Rúa do Paseo.

A Mostra de Teatro na rúa prolongarase ata o venres.
O mércores (12.00 e 20.00h, nos Xardíns de Padre Feijóo) poderemos ver o espectáculo “Trogloditas” de Tanxarina Títeres, premiado na última edición dos María Casares de Teatro, e no que interactúan títeres e actores. E pola noite (ás 22.30h), a praza de San Marcial recuperará o seu carácter de escenario de títeres, como foi nos anos setenta, cunha “Farsa para títeres para adultos” escrita por Eduardo Blanco Amor: “Amor e Crimes de Juan Pantera”, de Títeres Alakrán.

Nena Daconte

O Xardín do Posío acolle este martes o segundo dos grandes concertos das Festas de Ourense, 2011. Si o venres abríu Andrés Calamaro, este martes chega Nena Daconte co seu terceiro álbum “Una mosca en el cristal”, con “Priscila” como teloneira.

O concerto será gratuito e comezará aproximadamente ás dez da noite, aínda que a apertura de portas será xa ás 21:00 Hs.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Gastronomía e teatro e música por partida doble no martes das Festas de Ourense 2011  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google