Emigración da Xunta esixe ao Goberno Central a coordinación de actuacións en materia de Emigración
 
Nun escrito dirixido á directora xeral da Cidadanía Española no Exterior do Ministerio correspondente, o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia lémbralle a Pilar Pin que debe convocar canto antes a comisión de coordinación das Comunicades Autónomoas. E anuncia que a Xunta está disposa a realizar unha xuntanza en Galicia no caso de que o Goberno Central siga facendfo “deixación das súas funcións”
 
 
 
 
16 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de lembrar por carta á directora xeral da Cidadanía Española no Exterior do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Pilar Pin, que debe convocar canto antes a comisión de coordinación das Comunidades Autónomas. No que vai de lexislatura nas Cortes, só houbo unha xuntanza.
A urxencia da misiva e da convocatoria esixida veñen condicionadas pola preocupación crecente dos emigrados galegos e españois, con “numerosas casuísticas, todas elas con nome, apelidos e rostro, coas que me atopo cada vez que visito países, fundamentalmente latinoamericanos (...) con importantes dificultades socioasistenciais, farmacéuticas ou sanitarias”, aclara Camba no seu escrito.

Camba tamén asegura que, ante a inacción do Goberno Central, “de non ser convocados en prazo razoable por esa Dirección Xeral, desde Galicia realizaremos a necesaria convocatoria para unha reunión de coordinación coas diferentes Comunidades Autónomas”. Segundo o secretario xeral, estas xuntanzas son fundamentais para que cada goberno autonómico leve a cabo políticas eficaces de axuda aos concidadáns no exterior, evitando duplicidades e optimizando a eficiencia nas actuacións.
O responsable galego de Emigración lembra que a optimización de recursos das distintas administracións é fundamental en tempos de crise, por canto “os orzamentos nesta, como noutras materias, cada vez son máis axustados”, lembra Camba á directora xeral, e engade que “en Galicia, é unha máxima que estamos levando a cabo con razoable éxito”.

Non é a primeira vez que a Xunta eleva a súa queixa ante o Goberno Central pola falta de sensibilidade e receptividade cara os requirimentos das Comunidades. Desde Emigración preferiuse agardar un tempo prudencial para que a xuntanza –sexa convocada polo Ministerio, ou ben pola propia Xunta- non interviñera no calendario electoral. Pero, unha vez pasadas as eleccións municipais, non existe escusa para seguir adiando a convocatoria.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
  Noticias Relacionadas  
  ESCRITO DE SANTIAGO CAMBA A PILAR PIN  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google