A Asociación de Veciños San Miguel de Canedo organiza a andaina O Vieiro-Santa Comba de Naves
 
Todo a punto para unha nova andaina, a Camiño Real que vai dende O Vieiro até Santa Comba de Naves. Será este sábado, día 11, a partires das 9 da mañá, e esta organizada pola Asociación de Veiños de San Miguel de Canedo e a Concellería de Participación Cidadá do Concello
 
 
 
 
9 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Asociación de Veciños San Miguel de Canedo, coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense organiza a andaina Camiño Real: O Vieiro-Santa Comba de Naves, que terá lugar o vindeiro sábado, día 11 de xuño.
A actividade propón unha ruta circular ata o Monteiro de Santa Comba, con saída ás 9:00 Hs. dende O Vieiro (xunto ó local da asociación de veciños San Miguel de Canedo), pasando por A Conchada, Palmés, Naves, Santa Comba, e Eirasvedras, rematando de novo en O Vieiro.

O percorrido é de 11,8 kilómetros, cunha dificultade media, acadando unha elevación máxima de 443 metros e mínima de 106.
A ruta arranca sobre 800 metros de pista asfaltada cun pequeño intervalo por un curto camiño que enlaza cos viais de Eirasvedras, cun desnivel mínimo, suaves baixadas e ascensións curtas. No barrio da Capela iníciase unha forte subida que discurre por unha pista ancha sen apenas curvas duns 3 km, ata a localidade da Conchada, sobre un terreo compacto.

A conexión da Conchada co Camiño Real do Mosteiro de Santa Comba (ruta da Plata) realizarase sobre uns 2,5 km de estrada pavimentada con suave pendente, pasando polas poboacións de Palmés e Naves, onde estará ubicado o punto de avituallamento,
O Camiño é un sendeiro estreito e empredrado de baixada moi inclinada, sinuoso e con firme irregular. Á metade do camiño atópanse as ruinas do Monteiro de Santa Comba de Naves e unha zona con vistas panorámicas á cidade e boa parte da marxe dereita do río Miño.
A distancia que separa o sendeiro da Avenida das Carballas é 3,5 km, aproximadamente. Desde aí retómase unha pista asfaltada que leva de novo ó local da asociación vecinañal San Miguel de Canedo, punto de partida e chegada, atravesando o núcleo central de Eirasvedras.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, MIÉRCOELS
 
El alcalde de Rairiz recurre al TSXG y ordena a la trabajadora social que se quede en casa, que cobrará igual
Discreto respaldo en Ourense a la huelga de los trabajadores de los sectores públicos
Los comerciantes de Valdeorras ven en Ponferrada un rival que limita su actividad comercial
Pérez Bouza dice que, según la ministra, las obras de San Francisco “van a bo ritmo”
El PP acusa a PSOE y BNG de “querer confundir a los ourensanos” con un “doble juego” en Madrid
 

 

Añade OuD a tu Google