Publicadas as listaxes de admitidos e excluídos no Programa “Escolas Abertas” de Emigración
 
Un centenar de cidadáns residentes no exterior son os beneficiarios do Progrmaa “Escolas Abertas” de Emigración para este verán. E xa se sabe quenes son, xa que as listaxes completadas de admitidos e excluídos aparecen la web da Secretaria Xeral de Emigración, segundo informa dita Secretaría. Accederán a formación de graos intermedio e avanzado en diversas especialidades
 
 
 
 
8 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Na web da Secretaría Xeral da Emigración www.galiciaaberta.com pódense consultar as listaxes completas de admitidos e excluídos do programa de ‘Escolas Abertas’ 2011, na súa modalidade presencial, destinado tanto ás comunidades galegas no exterior como a cidadáns individuais residentes no estranxeiro, e que terán lugar no vindeiro mes de xullo, segundo informa a Secretaria Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

O número de beneficiarios acada nesta ocasión o centenar, dos que máis da terceira parte procederán de Arxentina, 12 de Venezuela e outros 12 de Uruguai, 10 de Brasil e outros 10 de Cuba, e o resto veñen doutros países americanos (Chile e Estados Unidos), doutros países europeos distintos a España (Suíza e Francia), e o resto doutras comunidades autónomas españolas distintas a Galicia.

Os beneficiarios do programa poderán cursar niveis intermedio (asociacionismo e xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro, tecnoloxías da información e da comunicación, gaita tradicional galega, canto popular e pandeireta, e baile tradicional galego) e avanzado (gaita tradicional galega, e baile tradicional galego). Cómpre salientar que se trata de disciplinas que contan cunha amplísima demanda nas entidades galegas no exterior.

Os participantes son, tal e como establecía a base reguladora da convocatoria, maiores de idade, menores de 35 para os cursos de formación de nivel intermedio, e menores de 55 para os de avanzado. Emigración faise cargo dos gastos necesarios para o desenvolvemento dos obradoiros, e tamén da estadía e viaxe de tódolos participantes.

Pago das viaxes

Precisamente, e para maior transparencia de todo o proceso, o DOG fixera público canda a convocatoria das prazas, tamén o anuncio para a contratación, cun orzamento global de 105.000 euros, do servizo de desprazamento dos participantes no Programa, que na edición deste ano se desenvolverá en Lugo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROGRAMA "ESCOLAS ABERTAS"  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google