Once de 800 participantes recibiron este martes os premios do XIII Concurso de Educación Viaria
 
Once entre máis de 800 alumnos de 5º e 6º de Primaria foron os gañadores e, polo tanto, os premiados do XIII Concurso Provincial de Educación Viaria. Este martes recibiron no Salón de Plenos do Concello de Ourense os premios. Ao longo deste curso escolar máis de 2.000 rapaces tomaron parte nas actividades do Parque Infantil de Tráfico
 
 
 
 
8 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os 11 alumnos finalistas do XIII Concurso Provincial de Educación Viaria recibiron este martes no Salón de Plenos do Concello de Ourense os diplomas, trofeos e premios correspondentes, trala superación das fases de selección do concurso, realizadas nos meses de abril e maio no Parque Infantil de Tráfico de Expourense.
O alcalde en funcións, Francisco Rodríguez, a concelleira de Educación, Ana Garrido, o Xefe Provincial de Tráfico da DGT e representantes da Deputación de Ourense, da delegación provincial de Educación e de Expourense entregaron os galardóns aos premiados.

Os 11 alumnos premiados foron seleccionados trala superación de dúas fases nas que participaron máis de 800 de 5º e 6º de Primaria. Estas fases consistiron en diversas probas teóricas e prácticas sobre normativa e sinalización e probas prácticas de habilidade e destreza na conducción de kart e bicicleta.
O Concello de Ourense sinala que ao longo do curso escolar un total de 2.031 alumnos participaron nas actividades do Parque Infantil de Tráfico: 1.600 rapaces de 27 centros educativos da cidade, e 436 nenos de 10 centros da provincia.

FINALISTAS:
Laura Créstar Álvarez. CEIP O Couto.
Sandra Vázquez Prol.- CPR Concepción Arenal.

SEMIFINALISTAS
CPR CONCEPCIÓN ARENAL
Rubén Rodríguez Sastre.-

CEIP O COUTO
Brais Gómez Cid
Clara Nieto de Román

CPR SANTA TERESA
Alicia Mínguez Silva
María Viso Pérez
Mirko Iglesias Bautista

CPR SAN PÍO X
Fernando Rodríguez Sousa

CPR MARISTAS
Ana Fernández Valencia
Adriana Moreiras Blanco

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, MARTES
 
García Mata e Isabel Pérez encabezan las dos candidaturas a dirigir el BNG en la capital ourensana
El BNG no apoya sino que “rexeita” el proceder del alcalde de Rairíz de Veiga, al que sitúa fuera del partido
Rairiz de Veiga gasta más de 60.000 euros al año en pagar a sus tres asistentas sociales
Fiscalía de Ourense tiene más de 100 informes de la secretaria de Rairiz contrarios al alcalde
Baltar invita al PSOE a acudir a los juzgados, y advierte que contra ellos sí cabe "querela criminal"
 

 

Añade OuD a tu Google