O concepto dun Ribeiro dual de Nito Contreras anuncia a 48 Edición da Feira do Viño do Ribeiro
 
A presentación este martes do cartel que anuncia o 48 Edición serviu para dar o pisteletazo de saída a unha nova edición da Feria do Viño do Ribeiro. O cartel é do artista ribadaviense Nito Contreras, y e a Feira está xa a menos dun mes: do venres, 1, ao domingo, 3, do vindeiro mes de xullo
 
 
 
 
 
8 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Presentouse no centro comarcal de Ribadavia este martes o cartel da 48ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, do que é autor o ribadaviense Nito Contreras
O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ribadavia, Emilio Cuiñas, o vicepresidente do C.R.D.O. Ribeiro, Antonio Álvarez Alberte, e o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge, acompañaron ao autor nesta presentación que ademais foi o avance do programa que agarda a presente edición da feira do viño do Ribeiro.

Na concepción da obra o autor sintetiza en dous planos  o concepto dun Ribeiro dual, representando en dúas esferas visuais diferenciadas: a vila e a comarca do Ribeiro, ambas separadas polo río. “O viño atravesa esta barrera natural servindo de nexo de unión entre ambas realidades, favorecendo así a comunicación da urbe co sector produtivo”, sinalou o autor do traballo escollido para promocionar e anunciar a 48 edición do certamen feiral.

Pola súa banda o Consello Regulador subliña que un ano máis acude aos valores da pintura locais para reflexar no cartel da feira do viño unha interpretación cercana da nosa comarca, “a de alguén que, como Nito Contreras, viviu no Ribeiro antes de iniciar a súa viaxe por Europa alimentando a súa creación artística”.

Con esta presentación deuse este martes, 7 de xuño, o pistoletazo  de saída á feira do Ribeiro que este ano se celebrará do venres 1 ao domingo 3 de xullo. Unha edición que aínda afectada por un axuste orzamental importante ten previsto manterse viva, sen desmerecer o seu formato orixinal.

Como peche ao acto o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, fixo un chamamento á asistencia, á participación dos visitantes nesta festa, “reflexo da tradición e escaparate dos viños que se producen na comarca histórica do Ribeiro”, sinalou o rexidor en funcións do Concello de Ribadavia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google