O Cultural da Deputación acolle este xoves o Primeiro Congreso de Educación Ambiental para centros de ensino
 
Oito centros da provincia participan ese xoves no Primeiro Congreso de Educación Ambiental para centros de ensino desta provincia. No Centro Cultural da Deputación estes oito centros presentarán este xoves os seus proxectos. Búscase afondar nas causas, efectos e posibles solucions ao proceso de quentamento global da atmósfera
 
 
 
 
8 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación Provincial de Ourense en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) promove a celebración do Primeiro Congreso de Educación Ambiental para centros de ensino da provincia de Ourense, que este ano aborda o tema do cambio climático.
Segundo informa a institución provincial ourensá, “os obxectivos que se perseguen coa realización deste congreso son afondar no coñecemento, por parte dos participantes e asistentes, das causas, efectos e posibles solucións do proceso de quentamento global da atmosfera, e a promoción do traballo en rede dos centros de ensino que desenvolvan actividades e proxectos de educación ambiental relacionados con esta ou con outras problemas ambientais actuais”.

Serán oito os centros participantes nesta primeira edición, que son o CEIP Saco e Arce (Toén), CPR Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar), IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia), IES Aquis Querquenis (Bande), IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), CPR María Auxiliadora (Ourense), IES Otero Pedraio (Ourense) e IES Carlos Casares (Viana do Bolo).

O Congreso terá lugar este xoves, 9 de xuño, no Centro Cultural de Deputación Provincial de Ourense, comezará ás nove e media da mañá e concluirá pasadas as seis da tarde.
Ademais da presentación dos proxectos por parte dos centros participantes levarase a cabo a presentación do proxecto “Gotas para Niger” promovido por UNICEF.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, MARTES
 
García Mata e Isabel Pérez encabezan las dos candidaturas a dirigir el BNG en la capital ourensana
El BNG no apoya sino que “rexeita” el proceder del alcalde de Rairíz de Veiga, al que sitúa fuera del partido
Rairiz de Veiga gasta más de 60.000 euros al año en pagar a sus tres asistentas sociales
Fiscalía de Ourense tiene más de 100 informes de la secretaria de Rairiz contrarios al alcalde
Baltar invita al PSOE a acudir a los juzgados, y advierte que contra ellos sí cabe "querela criminal"
 

 

Añade OuD a tu Google