Chega ao Cultural da Deputación “De domésticos e aventuras” de Xavier Riomao
 
Chega ao Cultural da Deputación de Ourense a exposición cos últimos traballos de Xavier Riomao. Unha exposición do máis recente deste artista que se acompaña con escultura, e que se sirve ao título “De domésticos e aventuras”
 
 
 
 
6 de JUNIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Xavier Riomao trae a Ourense, ao Centro Cultural da Deputación, a súa exposición “De domésticos e aventuras”, unha mostra na que achega a súa pintura máis recente acompañada de esculturas que forman duas instalacións neste espazo cultural.
Nesta mostra, Riomao achega ao visitante o aspecto do doméstico, ou máis ben o domesticado. Realízao a partir dun proceso de “posprodución”, de selección, reutilización e modificación de produtos xa dispoñibles que van ser reinterpretados.
“Sete coellos negros de cera encerrados en sete gaiolas de bambú dispostos nunha estrutura semicircular, mirándose uns ós outros coa portas das gaiolas abertas ou tres cans brancos cos ollos pintados con distintas bandeiras nacionais, sobre unha peaña cónica enlazada con tres grandes aros con cores tamén de bandeira”, por exemplo.

Segundo o propio artista, así se pode ver, por unha parte que domesticado se nega a saír do seu encerro, pola outra o que xa domesticado incluso pode obedecer ordes sinxelas dun ou doutro.
A súa pintura recolle diferentes planos, diferentes capas que nos levan ao pasado, ao recordo, a unha lembranza que nin se amosa completamente nin se borra.
Trátase dunha obra complexa, elaborada, que nace da madurez deste artista que se di “comprometido coa súa creación e co seu proceso”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Xavier Riomao  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google