O Auditorio acollerá este martes os actos do Día Mundial dos Dereitos do Nacemento en Ourense
 
Con unha mesa redonda primeiro e logo a proxección dun documental, o Concello de Ourense celebrará este martes o Día Mundial dos Dereitos do Nacemento. Destaca o Concello de Ourense que o Día Mundial dos Dereitos do Nacemento “ten como obxectivo a concienciación por parte da sociedade do feito crucial que supón o nacemento para a vida de todo ser humán”
 
 
 
 
6 de JUNIO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Sala Azul do Auditorio Municipal de Ourense acollerá este martes, 7 de xuño, dous actos de acceso libre ao público con motivo da celebración do Día Mundial dos Dereitos do Nacemento. Trátase dunha mesa redonda-coloquio e unha proxección documental organizadas pola Concellería de Sanidade, que afondarán sobre a importancia e as claves para respectar un momento tan crucial como o nacemento.

O pediatra do Hospital de Salnés e membro do Comité de Lactancia da Asociación Española de Pediatría, Manuel Martín Morales, participará a partir das 19 h. nunha mesa redonda-coloquio acompañada de Irene Garzón, comadrona de parto en casa e nai, e Marisol de Diego, matrona do CHOU.

Ao remate do coloquio, a partir das 20 h. dará comezo a proxección do documental “Restaurando el paradigma original”, do Dr. Nils Bergman, que profundizará sobre o proceso crucial que supón o nacemento nas familias, e as nefastas consecuencias das que alertan as investigacións con motivo da separación do bebé coa súa nai no momento de nacer, condicionando a súa sociabilización.

Sinala o Concello de Ourense que o Día Mundial dos Dereitos do Nacemento “ten como obxectivo a concienciación por parte da sociedade do feito crucial que supón o nacemento para a vida de todo ser humán, que supón o momento clave do seu desenvolvemento psicoemocional, que deixará unha pegada imborrable na súa forma de ser e de sentir”.
E engade que “este día é unha chamada ó respecto do proceso natural do nacemento, a información das nais dos diferentes xeitos de dar a luz, facilitar o inicio da lactancia dende ese mismo momento, e non separar nai e bebé se non é absolutamente ineludible”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google