Pechadas as actividades deste curso do Programa de Educación e Prevención Familiar
 
Uns 550 pais, nais e educadores participaron nas actividades do Programa de Educación e Prevención Familiar desenvolvidas pola Concellería de Sanidade e Benestar Social do Concello de Ourense. Actividades que remataron e foron clausuradas este xoves, e entre as que se valora o feito de que o Servizo Municipal de Apoio a Familias con Fillos obtivera o prmeiro premio da FEMP á mellor iniciativa de prevención familiar
 
 
 
 
3 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Un total de 550 nais, pais e educadores participaron nas actividades desenvolvidas pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense dentro do Programa de Educación e Prevención Familiar correspondente ó curso 2010/2011.
O alcalde en funcións, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Sanidade en funcións, Marga Martín, clasuraron este xoves estas actividades nun acto no que se procedeu á entrega de diplomas ós participantes no programa “Escola de Nais e Pais” e no III Curso de Educación Familiar.

“O programa pretende apoiar ás familias e educadores no papel fundamental que desempeñan no desenvolvemento integral dos nenos, axudándoos no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos cativos, tentando fortalecer o seu papel referencial, potenciar a comunicación e as habilidades sociais”, sinala o departamento de Marga Martín.
O programa incluíu diferentes actividades e servizos que se desenvolveron dende outubro de 2010 ata xuño de 2011, como unhas “Xornadas de Familia: Adolescencia, familia e sociedade”, nas que participaron 285 persoas; o Programa Escola de Nais e Pais (105 persoas); o “III Curso de Educación Familiar: A familia e a sociedade” (60 persoas); e o SmaFF, Servizo Municipal de apoio a Familias con Fillos, (105 persoas).

Dende o Concello recórdase, precisamente, que o Servizo Municipal de Apoio ás Familias con Fillos, posto en marcha en xaneiro de 2010, vén de recibir un recoñecemento a nivel toda España ó obter o primeiro premio da IV Convocatoria de Boas Prácticas en Drogodependencias que convoca a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na categoría de pevención familiar.
O SMAFF é un servicio de atención personalizada cuxo obxectivo prioritario é informar, mediar, asesorar e dar apoio ás  familias e profesionais da educación de Ourense que se atopen ante situacións puntuais difíciles, e de relevancia suficiente como para afectar ou poder afectar ao benestar ou equilibrio psicosocial do grupo ao que pertenzan.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, JUEVES
 
Rosendo Fernández se postula como el alcalde que hará la segunda transformación de Ourense
García Mata: “Que o digan dentro do Bloque, no partido, que é donde hai que decilo”
45 kilómetros de los 54,6 de la línea del AVE Ourense-Vigo serán túneles y grandes viaductos
El nuevo Servizo de Limpeza de Ourense ya dispone de nueva maquinaria, que costó 1.400.000 euros
En la Guardería de O Barco llueve en invierno y los niños se asan en verano, denuncia el PP
 

 

Añade OuD a tu Google