O Concello de Ourense adica 69.000 euros en 2011 a subvencións para actuacións de Benestar Social
 
O Concello de Ourense ven de convocar unha nova remesa de subvencións para as asociacións e entidades sen ánimo de lucro. Establécense os criterios que as regularán, e o proceso queda só pendente da súa publicación no BOP. Tamén se solicitará da secretaría Xeral de Emigración da Xunta 57.520 euros para o Programa de Atención de Inmigrantes Extracomunitarios
 
 
 
 
3 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Concello de Ourense vén de aprobar a convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, “co fin de potenciar aquelas actividades sociais que contribúan a mellorar o benestar social da nosa veciñanza”, sinala o Concello que dirixe en funcións como alcalde Francisco Rodríguez.
Segundo o goberno municipal en funciones, estas subvenciones teñen como obxectivo prioritario “atender as necesidades sociais e fomentar as actividades das entidades sen ánimo de lucro que operan no ámbito social do termo municipal de Ourense”.

As bases da convocatoria pública de subvención con destino ó fomento de actividades de carácter social refírense a dúas liñas de actuación, actividades promovidas por Centros Sociais de Maiores do municipio, e aquelas de carácter social promovidas por calquera entidade sen ánimo de lucro.
As asociacións, entidades ou persoas que realicen actividades de carácter social, principais destinatarios da convocatoria, poderán presentar a súa solicitude mediante unha instancia a entregar no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, cun prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación das bases no BOP, sinala o anuncio feito este xoves polo Concello ourensán.

Que establece tamén que as solicitudes recibidas serán valoradas ponderando os seguintes criterios: a calidade técnica do proxecto presentado e adecuación dos programas en relación ós obxectivos, metodoloxía e financiación; a continuidade dos programas ou servicios de anteriores convocatorias, a innovación do proxecto e inexistencia de programas similares na cidade de Ourense e o grao de implicación no desenvolvemento do programa dos Axentes Sociais da zona.

Subvención para o Programa de Atención de Inmigrantes Extracomunitarios

Por outra banda, tamén este xoves a Xunta de Goberno Local aprobou a solicitude de Subvención para o Programa de Atención de Inmigrantes Extracomunitarios á Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, por importe de 57.520 euros.
O obxectivo da solicitude da subvención é colaborar na realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria de Ourense.

En concreto, a contía solicitada destinaríase ó  programa de infancia e xuventude "Ourense sabe acoller" -23.800 euros-, cursos de reforzo educativo -12.240 euros-, cursos de galego-castelán -8.480 euros-, Axudas para Comedores Escolares -7.000 euros-, e as Axudas para libros e material escolar -6.000 euros-, enfocados ás familias inmigrantes de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, JUEVES
 
Rosendo Fernández se postula como el alcalde que hará la segunda transformación de Ourense
García Mata: “Que o digan dentro do Bloque, no partido, que é donde hai que decilo”
45 kilómetros de los 54,6 de la línea del AVE Ourense-Vigo serán túneles y grandes viaductos
El nuevo Servizo de Limpeza de Ourense ya dispone de nueva maquinaria, que costó 1.400.000 euros
En la Guardería de O Barco llueve en invierno y los niños se asan en verano, denuncia el PP
 

 

Añade OuD a tu Google