Este sábado abre ao baño o Complexo de Monterrei coas súas seis piscinas en servizo
 
O Complexo de Monterri coas súas seis piscinas súmanse ao verán e abren ao baño este sábado, 4 de xuño. Así o ven de anunciar o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, quen acompañado polo xefe de Deportes, Mario Guede, visitou as instalacións para constatar que todo está disposto. O sábado é todo gratis
 
 
 
 
 
2 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Este sábado abrirá ao público o Complexo Deportivo de Monterrei, o que supón que as piscinas deste complexo que rixe a Xunta de Galicia abrirán tamén ao baño. Este mércores visitaron as instalacións para comprobar que todo está a punto, o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e o sefe do Servizo de Deportes en Ourense, Mario Guede. “Nós quixemos poñer a punto o complexo o antes posible para que os ourensáns tivesen outra opción máis para facer fronte a estas altas temperaturas”, sinalou Rogelio Martínez, ao confirmar que as instalacións abren este 4 de xuño.

Precisamente abrirá con unha xornada de portas abertas, ao respecto do que se avisa que o tope de acceso será o aforo das 1.700 persoas que completan as dispoñibilidades destas instalacións. Nesta xoranda inaugural do sábado, 4 de xuño, haberá varias actividades para os máis pequenos.
Asegurou Rogelio Martínez que a Xunta sacou a concurso a xestión de ocio das instalacións. O mantemento da mesma corre a cargo do propio persoal da Adminsitración.

O Complexo Deportivo de Monterrei conta con seis piscinas: unha piscina con efecto de ondas, outra que conta cun tobogán acuático, un vaso de inmersión de 2,7 de profundidade, unha piscina infantil e a piscina chamada "de roca", e unha para bebés. Ademais conta con pistas de atletismo, dúas pistas polideportivas, catro canchas de tenis, unha de fútbol sala, pistas de padel, ademais ten un amplo espazo de verde onde se poden realizar barbacoas.
Martínez asegurou ademais que “este é un dos complexos máis reclamados sobre todo agora, que un ano máis seguimos sen contar coas piscinas da parte de arriba de Oira, de feito as cifras falan por si mesmas, o ano pasado pasaron por este complexo deportivo máis de 60.000 visitantes.

En Monterrei traballarán este verán sete socorristas, dous ATS dúas persoas nas taquillas e un encargado xeral.
O horario de apertura será a partir do sábado dende ás 12.00 da mañá ata ás 21.00 Hs.
A entrada individual para os menores de 18 anos custará 1,20 euros e 2,20 para os maiors, si ben hai bonos de 10 entradas a 9,50 euros o bono para os menores de 18 anos e a 19 euros para os maiores.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Abren al baño este sábado las piscinas del Parque Tecnológico que gestiona la Deputación  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, MIÉRCOLES
 
Comparan las prácticas de captación de afiliados de “Máis Galiza” con las del Partido Popular de Ourense
Baltar Pumar no descarta aspirar a repetir en la Deputación en otra lista que no sea la de Ourense
Los 3.000 trabajadores de Comercio de Metal convocados a una asamblea tras romper la negociación
El Concello premiará 30 años de fidelidad a Ourense de Los Suaves con la Medalla de Oro de la ciudad
El alcalde de Entrimo permite una tala de madera que prohibe Medio Rural de la Xunta, denuncia el PP
 

 

Añade OuD a tu Google