Bande acolle este xoves, 2 de xuño, unha xornada de Normalización e Dinamización Lingüistica
 
Os rapaces dos CEIPs de Celanova e A Baixa Limia danse cita este xoves en Bande para unha actividade da Coodinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüistica. Serán duas horas e media de actividades nun programa moi apretado que comezará ás 11 da mañá deste 2 de xuño
 
 
 
 
1 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Organizado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüistica de Terra de Celanova-Baixa Limia, o CEIP de Bande acolle este xoves, 2 de xuño, o Primeiro Encontro Escolar pola normalización da Lingua Galega.
Terá lugar de 11 da mañá a unha e media da tarde.

Escolares de Celanova, Cartelle, Ramirás, Lobios, Muiños, Entrimo e o mesmo Bande, tomarán parte nunha serie de actividades que van dende o teatro hasta unha proxección audiovisual pasando por interpretacións musicais, entre as que está un rap, o Rap das Meigallas do alumnado do CEIP de Entrimo.
Tamén haberá un recitado de refráns populares a cargo de escolares do CEIP de Lobios.
As actividades comezan con a representación teatral “A tía lambida” de Eduardo Blanco Amor polos alumnos do CEIP de Bande, e rematará coa proxección do audiovisual “O Galego encaixa” que se elaborou a partir de dita exposición da propia Coordinadora Terra de Celanova-Baixa Limia.

Unha exposición didáctica sobre a verea vella Allariz-Celanova, unha montaxe ao título “Os vellos da Baixa Limia” e a actuación de contacontos, completan un denso programa de duas horas e media de actividades a prol da dinamización lingüistica.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google