Rematada e inaugurada unha nova zona verde nas marxes fluvias do Barbaña, a altura da Molinera
 
Nova zona verde nas marxes fluviais do Barbaña que comparten os veciños de O Polvorín, Camelias, Xardín do Posío e A Carballeira, e que se ianugurou este martes. Tratase dun proxecto que chega ao seu remate e que se levou a cabo con fondos FEIL do 2010, con un investimento de 350.000 euros para mellorar un espazo degradado de preto de 3.000 m2.
 
 
 
 
1 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os barrios do Polvorín, Camelias, Xardín do Posío e Carballeira contan desde este martes cunha nova zona verde compartida nas marxes fluviais do Río Barbaña, no contorno da antiga fábrica de a Molinera.  A concelleira de Turismo, Ana Garza, foi a encargada de inaugurar este novo parque configurado como un paseo mirador sobre o río, que vén recuperar unha zona de  lecer na memoria dos ourensáns e actúa como antesala da rehabilitación da antiga fábrica de a Molinera, futuro Centro de Coñecemento e City Lab para o desenvolvemento de proxectos vinculados ás novas tecnoloxías.

As obra de axardinamento das marxes fluviais foi un proxecto desenvolto con cargo aos fondos FEIL 2010, con un investimento de  preto de 350.000 euros que permitiu transformar un espazo degradado de 2.885 m2 nas beiras do Barbaña.
A intervención, que se suma aos 3.000 m2 correspondentes ao propio inmoble industrial, plantexouse como unha zona verde en manto de céspede continuo e bosque de bidueiros así como una fila de praderío na zona do paseo do río e pequenas concentracións de árbores nobres como os magnolios e arbustos como o rododendro e tapizantes, aos que se incorpora mobiliario urbán con  bancos de descanso, sistema de alumeado e zonas peonís pavimentadas en adoquín granítico.
O proxecto plantexado desde Turismo contemplou tamén habilitar un pavillón destinado a acoller servizo de cafetería, que será adxudicada desde o Concello para a súa explotación.

Sinala o departamento de Ana Garza que as obras inauguradas este martes virán complementar o proxecto de rehabilitación do inmoble coñecido como a Molinera, hoxe xa derrubado e do que se mantén a súa característica chimenea. O proxecto plantexado desde o Concello ubicará neste espazo o primeiro City Lab de Ourense, un centro de coñecemento orientado aos desenvolvemento de proxectos vinculados ao ámbitos das Novas Tecnoloxías e a alfabetización dixital, orientado ao investimento en I+D e apoio á cultura emprendedora.
No seu día día, este proxecto foi seleccionado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e será financiado por un orzamento total de 2 millóns de euros. Na actualidade, as obras, cun proxecto xa aprobado, atópanse en proceso de licitación polo Concello de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google