O Descenso do Miño volve a ser este ano descenso de verdade: Os Peares-Presa de Velle
 
O descenso recupera o trazado desde Os Peares ata a Presa de Velle, xa que en anos anteriores, o percorrido compoñíase dun circuito, menos vistoso, no que saída e a meta estaban establecidas no mesmo punto, en Velle. No acto de presentación desta probla, o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, resaltou que a localidade ourensana se convertiría no epicentro deportivo de Galicia nestes días
 
 
 
 
 
17 de JUNIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Ourense convértese esta fin de semana na vila protagonista do piragüismo  galego ao acoller o XLIII Descenso do Miño de Ourense, unha das probas máis lonxevas do calendario autonómico.
A competición foi presentada oficialmente este xoves no Pavillón dos Remedios por Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Rodríguez, representante do Consorcio Local dos Peares, Fernando Varela, concelleiro de deportes de Ourense e José Luis González, da Escola Municipal de Piragüismo de Ourense.
Todos eles fixeron especial fincapé durante a súa intervención no valor engadido que supón o recuperar o trazado de descenso desde Os Peares ata a Presa de Velle, xa que en anos anteriores, o percorrido compoñíase dun circuito, menos vistoso, no que saída e a meta estaban establecidas no mesmo punto, en Velle.

O edil de deportes resaltou que a localidade ourensana se convertiría no epicentro deportivo de Galicia nestes días, xa que tamén se celebra alí a 44 edición do Rally  de Ourense, ademais de que serán unhas xornadas moi concurridas ao comezar as festas  da vila. O presidente da FGP, pola súa parte, recalcou a intención da Fegapi de recuperar a afección ao piragüismo en Ourense, que anos atrás era moito máis intensa, e lembrou que incluso desta provincia saíra unha olímpica, Beatriz Valcarcel.
Bea engadiu que a Fegapi está apostando por Ourense e que mesmo ten solicitadas unha serie de axudas que, de ser aprobadas, invertirían, entre outras cousas, nun profesional dedicado exclusivamente á tecnificación nesta zona. 
A competición

Arredor de 350 padexeiros (de 34 clubes) figuran inscritos neste XLIII Descenso do Miño de Ourense, no que participarán as categorías Home K-1 e K-2 (sénior, xuvenil, cadetes) e Muller C-1 e K-1 (sénior, xuvenil, cadete).
O percorrido parte dos Peares e a meta estará na Presa de Velle, un total de 16 km que terán que facer os kayakistas masculinos seniors e xuvenís, mentres a distancia para as demais categorías é de 6,5 km, polo que sairán desde máis abaixo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google