Concello de Ourense e Amigos da Terra ensinan a vixiar e a denunciar para protexer o medio ambiente
 
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambinete, Concello de Ourense e Amigos da Terra organizan este sábado unhas xornadas didácticas dirixidas a educadores. Centraránse no campo da denuncia ambiental, dando a coñecer aos educadores os mecanismos que existen para facer frente as agresións ambientais e contribuir ao labor das administracións públicas
 
 
 
 
31 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Con motivo da celebración este 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería de Educación do Concello de Ourense e Amigos da Terra, organizarán o vindeiro sábado  unhas xornadas didácticas dirixidas a educadores que desexen adquirir ou ampliar coñecementos sobre os instrumentos legais que existen na actualidade para a defensa do Medio Ambiente.
As xornadas centraranse no campo da denuncia ambiental, dando a coñecer ós educadores aqueles mecanismos que teñen a súa disposición para denunciar e facer fronte a unha agresión ambiental e contribuír deste xeito ao labor das administracións públicas, poñendo fin á problemática do descoñecemento das normas ambientais.

A actividade comezará ás 10:00 Hs. do sábado cunha parte teórica na que se abordarán temas como o “Nacemento do dereito ambiental. Lexislación”, “Mecanismos de denuncia”, e “A denuncia ambiental: tramitación e órganos competentes, as Administracións públicas e a Administración de Xustiza”.
A continuación terá lugar un obradoiro práctico de identificación de agresións ambientais: Ecovixía Río Loña.
A actividade consiste nun itinerario guiado utilizando os camiños que percorren as marxes do río Loña na cidade. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves. O percorrido será desde a Aula da Natureza ata Encoro de Castadón, pola marxe esquerda do río Loña.

Os interesados poden inscribirse na Aula Municipal de Natureza do río Miño, no paseo fluvial de Oira, ou na Concellería de Educación da Praza de San Martiño.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 31, LUNES
 
El cisma del BNG enviará a casa a tres concelleiros del actual Gobierno de Ourense al terminar la legislatura
La cúpula del BNG sólo apuesta a caballo ganador, y al PSOE le falló el hombre bisagra
El alcalde de Rairiz de Veiga vuelve a hacer otro “nulo” para su colección de despidos perdidos
Denuncian un mailing desde la Deputación de Ourense en el que Zapatero es un “hijo de la gran puta”
Galivivienda prevé comenzar las obras de Torre Mariñamansa en el primer trimestre de 2011
 

 

Añade OuD a tu Google