Presentado o catálogo da exposición “Catro estacións” que ocupa espazos do Cultural da Deputación
 
Presentado este xoves o catálogo da exposición “Catro estacións” que o escultor Manolo Paz ten estes días no Centro Cultural da Deputación. O catálogo recolle ademais desta obra gran parte do traballo do artista dos últimos 30 anos
 
 
 
 
 
27 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

O escultor Manolo Paz presentou este xoves no Centro Cultural da Deputación o catálogo da exposición “Catro estacións” que ten neste  recinto cultural ourensán, e no que se recolle ademais da obra desta mostra gran parte do seu traballo ao longo dos últimos 30 anos.
Este traballo de catalogación foi valorado de maneira especial polo director do centro, Francisco González, que considera que “a catalogación desta obra, incluso algunha dela nunca exposta, resulta un traballo cultural de especial importancia e complementario ao propio proceso expositivo”.

O escultor agradeceu en todo momento “a colaboración e disposición da Deputación” e referiuse “á profesionalidade” coa que foi tratado tanto el como a súa obra.
Asemade, Manolo Paz valorou moi positivamente o resultado plástico e o contido do catálogo que recolle esta exposición que continúa ocupando espazos dun dos principais centros expositivos desta cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Esculturas de auga, ferro, madeira e pedra de Manolo Paz no Centro Cultural  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, JUEVES
 
La balsa del “Santa Cristina” de Iberdrola en el Cañon del Sil podría variar su posición inicial
Baltar discute la legitimidad del Gobierno central para imponer recortes a las administraciones locales
Correos se ahorra en Ourense en 2009 más de un tercio del presupuesto y no cubre ninguna cartería
Unións Agrarias pide a la Xunta que potencie la ganadería extensiva, lo que incluso le ahorra gasto
O Concello de Ourense quere unha semana na que ningún maior da cidade esté só
 

 

Añade OuD a tu Google