Nace Escena Musical Independente para dinamizar a actividade musical na cidade de Ourense
 
Todas as agrupacións musicais ourensáns van estar nun censo, dende o cal a Concellería de Cultura do Concello de Ourense pensa determinar as necesidades dos grupos e elaborar unha páxina web na que estén todos eles. Trátase de crear unha plataforma de contacto e desenvolvemento de actividades formativas
 
 
 
 
4 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Cultura vén de presentar un proxecto para a dinamización da escena musical ourensá centrado na autoxestión das agrupacións a través da creación dunha plataforma de contacto e o desenvolvemento de actividades formativas. O proxecto, que leva por nome Escena Musical Independente, foi presentado este martes pola Concelleira de Cultura e tenente de alcalde, Isabel Pérez, e o coordinador do proxecto, Abel Estévez,  nun acto no que concelleira nacionalista fixo fincapé na “inxente actividade musical que rexistra a nosa cidade” e a necesidade de que desde a Administración “se desenvolvan iniciativas que permitan o desenvolvemento desta escena local  contribuindo á súa promoción”.

O proxecto, “pioneiro e novidoso”, xurde dunha primeira necesidade de “facernos unha idea global e completa da actividade musical na cidade”.
Así, a primeira iniciativa será a elaboración dun censo das diferentes agrupacións musicas ourensáns aberto a todos os estilos, bandas musicais, rondallas, corais, intérpretes solistas, o que permitirá determinar e analizar as necesidades dos grupos e polos en contacto uns cos outros, para o que se elaborará unha páxina web a partir do censo.
Esta plataforma xurde da necesidade de crear unha vía de comunicación e intercambio entre as diferentes agrupacións. Segundo sinalou Isabel Pérez, “é preciso rachar coa atomización, calquer musico ou conxunto musical, sexa  calen sexan as súas características, ten putno en común, puntos de encontro desde os que é preciso fomentar sinerxias que lles permitan avanzar na súa carreira”.

A segunda parte do proxecto pasa pola organización de actividades formativas orientadas a pór a disposición dos artistas locais ferramentas que lles permitan avanzar no camiño da autoxestión. Estas actividades en formato de cursos serán de asistencia gratuita e desenvolveránse ao longo dos meses de abril e maio.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google