1.200 rapaces de 48 centros educativos da cidade correrán este 13 de maio a Correlingua polas rúas de Ourense
 
A Correlingua xa vai camiño dos 50.000 rapaces, 45.000 se agarda que tomen parte na festa da lingua ao seu paso por territorios ourensáns. Foi presentada este martes, e na capital ourensá agárdase que participen nesta festa uns 1.200 rapaces de 48 centros educativos ourensáns. Será o día 13 deste mes polas rúas da Cidade Vella
 
 
 
 
4 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Rapaces e rapaces de  primaria e secundaria volverán percorrer as rúas de Ourense nunha reinvidicación do seu dereito ao ensino en lingua galega nunha nova edición do Correlingua 2011, que acada xa 11 edicións.  O acto reinvindicativo celebraráse o vindeiro día 13 de maio nas rúas da Cidade Vella, e contará por primeira vez con nenos e nenas da comarca do Carballiño.
A Correlingua foi presentada este martes, e no acto a concelleira de Normalización Lingüística e Tenente  Alcalde de Ourense, Isabel Pérez, chamou a participación.

Na presentación do Correlingua 2011 en Ourense sinalouse que nesta edición se agarda que participen preto de 45.000 rapaces de toda a xeografía galega, o que suporá uns 5.000 máis que o ano pasado. No acto de presentación este martes tamén estiveron preentes o secretario da CIG Ensino en Ourense, Xose Manuel Alonso, e o da CIG Verín, Luis Ferreiro. Segundo expresou Ferreiro “non debería ser a CIG nin ningunha outra organización as que defenderan a nosa lingua senón a Consellería de Educación. É triste que quen mais sensibilidade debería amosar con respecto a nosa lingua caia senón no desprecio si na pasividade e na falta de niciativa total”.
Estas declaración súcendese logo de que o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza xustificara a falla de apoio a este iniciativa expresando que “se trata só dunha manifestación máis”.

Esta nova edición do Correlingua repite unha vez máis a súa vontade de ser “festa da lingua” e xornada de convivencia entre os cativos e cativas das diferentes comarcas galegas.
Este ano por primeira  vez súmase as celebracións a comarca do Carballiño, que celebrará o seu Correlingua o día 9 de maio mentres que en Ourense e Verín a andaina reinvidicativa terá lugar o día 13.
Está previsto que un total de 48 centros escolares participen no encontro local, ao que se espera ao redor de 1.200 rapaces a rapazas. A xornada comenzará cun encontro as 10.30 horas na Praza Maior para desde ahí sair as 11.00 horas de andaina polas rúas da Cidade Vella. O fin de festa, no que se dará lectura ao manifesto de este ano,  contará coa actuación do Mago Martín Camiña e a música da banda galega Zënzar, gañadores do concurso Cantalingua. Este ano incorpórase como novidade un Galeoke, un karaoke en galego que en Ourense desenvolverán alumnos do CPI Antón Failde, de Coles, e haberá premios á mellor pancarta e á mellor animación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google