Está aberta a inscrición no cursiño de capacidades de futuros alumnos do Conservatorio de Música
 
Terceira vez e terceiro ano consecutivo no que o Conservatorio de Música pon en marcha este cursiño. Trátase de desenvolver nos nenos de entre 8 e 14 anos as súas aptitudes para a música de cara ao primeiro curso do Grao Elemental destes estudos
 
 
 
 
2 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Por terceiro ano consecutivo o Conservatorio Profesional de Música de Ourense organiza un cursiño dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, actividade coa que se tenta de desenvolver nos participantes as capacidades auditivas, rítmicas, psicomotrices, etc., que se avaliarán nas probas de acceso ao 1º curso do Grao Elemental que se celebrarán no mes de xuño.

As distintas sesións do cursiño, que se levarán a cabo todos os venres do mes de maio e o primeiro venres do mes de xuño, constarán dunha parte na que se tratarán cuestións referidas á linguaxe musical e outra sección na que se lle irán presentando aos asistentes os distintos instrumentos que conforman a oferta educativa do conservatorio.
Do mesmo xeito o mércores, 8 de xuño, celebrarase un concerto didáctico no que se presentarán ao público asistente todas as especialidades instrumentais que se poden estudiar no noso conservatorio.

Os interesados xa poden inscribirse de xeito gratuíto na Secretaría do centro, ata o vindeiro mércores, día 4 de maio.
As prazas ofertadas son 50 e serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, aseguran os responsables do Conservatorio de Música de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
   

 

Añade OuD a tu Google