Agromadas de Seixabo convoda o Premio Freire Carril a mellor labor en favor da comunidade social
 
Agromadas de Seixalbo ven de convocar o Premio Freire Carril, premio simbólico, sin consignación económica, co que se quere recoñecer ás entidades e personas que en Galicia desenvolven labores en favor da comunidade social. Premio vencellado a Festa dos Foros de Seixalbo
 
 
 
 
2 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Directiva da Asociación Cultural Agromadas ven de convocar a terceira edición do  premio anual Freire Carril para distinguir ás entidades e persoas que en Galicia desenvolven labores a favor da comunidade social, e que abranguen ós aspectos referidos á participación na vida comunitaria, profundización na democrácia e á vida cultural galega.

o Premi toma como referencia tamén a Festa dos Foros que celebra esta Asociación Cultural, festa que lembra a loita dos veciños  da antiga “Vila e Couto de Seixalbo” contra o bispado e o Cabido da Catedral de Ourense para desterrar a inxustiza deste imposto, que obligaba a pagar 500 moios de viño aos veciños deste lugar. “A Asociación Cultural Agromadas chegou á conclusión de que era necesario institucionalizar este premio, o cual será de carácter simbólico, ao carecer de cuantía económica”, sinalan os responsables desta convocatoria.

O premio, polo tanto, constará de diploma acreditativo e sin congisnación económica. Todos os socios da Asociación, así como calquera entidade asociativa ou cidadán a título particular, poderán propor candidatos, e a Directiva da Asociación constituirase en xurado para escoller á persona ou entidade premiada.
As propostas presentaranse sempre por escrito e estarán dirixidas ao presidente da Asociación Cultural Agromadas, e obrigatoriamente han de estar argumentadas.
O Xurado fallará dúas semanas antes da Festa dos Foros, ainda que, se o considerase oportuno, o premio podería quedar deserto.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google