A exposición “As portas de Ourense” que se abriu este xoves, recrea para 3.000 escolares a antiga cidade
 
Comezou este xoves unha nova actividade lúdico-educativa da Concellería de Educación do Concello de Ourense. De aquí ao 10 de xuño, casi 3.000 escolares de 33 centros educativos percorrerán os escenarios da antiga cidade de Ourense qeu recrea a exposición “As portas da nosa cidade”
 
 
 
 
13 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Educación, Ana Garrido asistiron este xoves á apertura da exposición de animación á lectura para escolares de Educación Infantil e Primaria, que organiza o Concello de Ourense co título “As portas da nosa cidade”. Actividade que se enmarca dentro da XXII Campaña de Animación á Lectura.
A mostra, que se atopa no IES Otero Pedraio, recibirá ata o día 10 de xuño a visita de casi 3.000 escolares, 2.965 exactamente, de entre 3 e 10 anos de idade de 33 centros educativos da cidade (400 máis ca o curso pasado), así como das asociacións que o soliciten, a través de visitas concertadas coa Concellería de Educación.
Os primeiros participantes foron este xoves 51 nenos de 2º de Primaria) do CEIP Irmáns Villar desta cidade.

A exposición, co título “As portas da nosa cidade” recrea nos seus escenarios a antiga cidade de Ourense, onde os rapaces entran polas antigas portas que pechaban a cidade e se atopan con artesáns, afiadores, cesteiros, carpinteiros, leiteiras….
O obxectivo da campaña é achegar a literatura ós escolares da cidade, fomentando hábitos de lectura e escritura nos máis cativos, utilizando ademáis as novas tecnoloxías, como a pizarra dixital e o libro dixital. Os centros participantes recibirán tamén un CD para desenvolver actividades nas aulas.

Paralelamente, a aula 6 do Otero Pedraio acolle a exposición “Proxecto miroscopio”, unha iniciativa da Asociación de Filosofía para nenos de Galicia.
A responsable de Educación do Concello de Ourense, Ana Garrido, entende que “esta exposición supón o broche final á XXII Campaña de Animación á Lectura desenvolve o Concello”
Ao longo do curso escolar, a Concellería de Educación desenvolveu tamén outras actividades destinadas  a achegar á literatura ós alumnos dos centros educativos ourensáns, con diferentes propostas para tódalas idades.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, JUEVES
 
El BNG deja constancia en el Parlamento de que el argumento de las obras para cerrar Piñor no sirve porque ya están hechas
El libro de fotos de Espinosa consume el 86% de los recursos para la promoción de los espacios verdes
La oposición en Trives discute al Gobierno y al alcalde las inversiones de los fondos del Estado
Ourense pasa a formar parte del mapa global del Día Mundial de la Salud de 2010 que elabora la OMS
O Día das Letras Galegas a Concellería de Cultura saca as rúas da cidade a producción bibliográfica do Concello
 

 

Añade OuD a tu Google