Emigración e Cáritas-Ourense asinan a súa colaboración na integración de inmigrantes extracomunitarios
 
70.000 euros ven de achegar a Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia a Cáritas-Ourense para accións de integración sociolaboral de inmigrantes extracomunitarios. O acordo contempla un programa de acollida, formación e información a estas persoas, e outro de acceso á vivenda en réximen de alugueiro
 
 
 
 
13 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, e o director de Cáritas Diocesana de Ourense, Miguel Ángel Pérez de Juán, asinaron este xoves en Ourense un convenio de colaboración para desenvolver actuacións de atención integral dirixidas a persoas extracomunitarias inmigrantes.
O acordo estipula dous grandes eixos de actuación, centrándose o primeiro deles cna acollida, formación e información xurídica e sociolaboral.
Así, a primeira das actuacións previstas é a acción formativa dos adultos inmigrantes, mediante a aprendizaxe do castelán e galego, programas de transición da escola ao traballo, e fomento da formación profesional cualificada.

Unha especificidade relevante do convenio asinado con Cáritas Diocesana de Ourense, sinala a Dirección Xeral de Emigración, “é que esta entidade porá a disposición desta actuación conxunta un total de vinte prazas de acollida, das cales seis poderán ser reservadas por Emigración para o desenvolvemento do programa para a atención humanitaria e acollida na península de inmigrantes procedentes de Canarias, Ceuta e Melilla”.
No caso destas persoas, o convenio contempla servizos complementarios, entre eles orientación individualizada das posibilidades reais de inserción, formación en habilidades sociais e lingüísticas, información sobre retorno voluntario, ou análise médica e social.

O convenio contempla, así mesmo, que a entidade social prestadora dos servizos desenvolva outro programa fundamental, o de acceso á vivenda en réxime de alugueiro, “un asunto que resulta especialmente complexo para as persoas inmigrantes”, sinala Emigración da Xunta.
Que explica ao respecto que “a desconfianza existente nalgúns arrendadores fai que, en moitas ocasións, os inmigrantes extracomunitarios atopen dificultades engadidas ás inherentes a unha cultura e lingua diferentes, no complicado proceso de busca de vivenda”.
Para paliar na medida do posible ese atranco, Emigración asume un custo total máximo por vivenda de 2.550 euros totais por actuación, dos que polo menos a metade han ser destinados aos gastos correntes do propio alugueiro, incluíndo fianzas.

O convenio estipula que o número de persoas por vivenda será dun mínimo de 4 e máximo de 6, aínda que se podería superar esta cifra de maneira extraordinaria cando consten vínculos familiares ou outras circunstancias excepcionais, ou a capacidade da vivenda sexa axeitada para máis integrantes.
En calquera caso, unha mesma persoa non poderá nunca ser beneficiaria do programa máis dunha vez, nin unha mesma vivenda poderá ser obxecto da actuación en máis dunha ocasión.

Emigración fai unha achega total a Cáritas de 70.000 euros con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma no seu presente exercicio de 2011, e Cáritas asume os recursos materiais, e parte dos humanos, necesarios para facer efectivas as actuacións.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, JUEVES
 
El BNG deja constancia en el Parlamento de que el argumento de las obras para cerrar Piñor no sirve porque ya están hechas
El libro de fotos de Espinosa consume el 86% de los recursos para la promoción de los espacios verdes
La oposición en Trives discute al Gobierno y al alcalde las inversiones de los fondos del Estado
Ourense pasa a formar parte del mapa global del Día Mundial de la Salud de 2010 que elabora la OMS
O Día das Letras Galegas a Concellería de Cultura saca as rúas da cidade a producción bibliográfica do Concello
 

 

Añade OuD a tu Google