A partires do vindeiro sábado, día 14, a Liña 26 do bus urbán dará servizo á zona termal de O Tinteiro
 
Este sábado o Liña 26 dos buses urbáns amplia recorrido para dar servizo á zona termal de O Tinteiro. Así o ven de anunciar a Concellería de Mobilidade, que refire que con esta ampliación téntase contribuir aos recursos termais da cidade. A liña manterá as súas viaxes cada 40 minutos
 
 
 
 
12 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

A partir do sábado 14 de maio a Liña 26 de autobuses urbanos de Ourense que une a Chavasqueira coa Residencia incorporará parada na zona termal do Tinteiro, segundo ven de informar a Concellería de Mobilidade do Concello de Ourense.  Amplíase así o servizo de transporte público no compexo termal das marxes do Miño, “nunha liña que desde a sua posta en marcha en xuño de 2010 rexistrou un importante demanda dos usuarios, cunha media de 600 viaxeiros ao día”, segundo o departamento que dirixe Manuel Herminio Iglesias. 
Segundo apunta o edil de área, “esta liña xurde dun traballo de coordinación e colaboración  coa Concellería de Termalismo, e agarda contribuir ao desenvolvemento dos recursos desta zona do Miño do que desfrutan tanto turistas como os propios ourensáns”.

A liña 26 manterá as súas viaxes cada 40 minutos entre ás 7.00 e as 21.40 horas en laborais, e 7.40 e 21.40 os domingos e festivos.
As paradas no Tinteiro só se realizarán no período horario entre ás 10.20 (saída Residencia) e 20.20 (saída Tinteiro).
Os percorridos son os seguintes:

Ida: Tinteiro - Chavasqueira (Campo da feira) – Ribeiriño –  Avenida as Caldas – Vicente Risco ( Parque da Ponte)-  Curros Enríquez - Xoan XXIII -  Progreso – Alameda - Xardín do Posío – Rúa a Coruña  – Ramón Puga ( Residencia ) – Carlos Velo .

Volta: Carlos Velo - Ramón Puga ( Residencia ) – N.S Sainza – Rúa a Coruña - Xardin do Posio - Alameda -  Xoan XXIII - Parque  San Lázaro -Curros Enríquez– Vicente Risco -F. Herrera( Parque da Ponte)- Avenida as Caldas - Ribeiriño – Chavasqueira ( Campo da Feira) - Tinteiro

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, MIÉRCOLES
 
Acusan al bipartito en la Xunta y a Pachi Vázquez de retrasar deliberadamente la A-76 por Valdeorras
Expourense se convierte en “referente feiral no ámbito autonómico”, dice el conselleiro Javier Guerra
La CHM-S afronta los trabajos en el Xares a su paso por la localidad de Portomourisco
El CIFP de A Farixa y la Deputación experimentan con las Becas Leonardo en titulados de FP
Xinzo celebrará con las Letras Galegas el Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia
 

 

Añade OuD a tu Google