O candidato do PP por Amoeiro fala de colocar ao concello a non máis de 10 minutos de Ourense
 
O candidato do PP a alcaldía de Amoeiro falou este luns dun novo vial de 8 quilómetros de percorrido, co que colocar ás xentes de este concello a 10 minutos de Ourense. Algo que José Sampayo cualificou de “determinante” para poder mellorar a economía de Amoeiro
 
 
 
 
10 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Amoeiro, José Sampayo, impulsará a construción dunha vía de conexión rápida para que o municipio estea a menos de 10 minutos en coche da capital Ourense. Está foi unha das principais iniciativas anunciadas este lunes no acto no acto do PP deste Concello que, ao igual que o de Calvos de Randín, contou coa presenza de Alfonso Rueda.

“Temos que achegar o noso concello a Ourense. Iso será determinante para mellorar a economía de Amoeiro e que para que o noso municipio creza en todos os sentidos”, dixo José Sampayo, quen engadiu que  esta nova conexión viaria tería un percorrido de 8  quilómetros e suporía para os veciños de Amoeiro estar a menos de 10 minutos de Ourense, “co que conseguiríamos  fixar e aumentar en poboación en Amoeiro e permitir unha rápida conexión tamén co polígono industrial de San Cibrao das Viñas”.

Sampayo comprometeuse  tamén cos veciños de Amoeiro a poner en marcha un transporte metropolitano entre parroquias e pobos do municipio, así como con paradas do transporte urbano de Ourense, “unha das grandes carencias de comunicacións que non soubo solucionar o goberno socialista”, dixo.
Anunciou tamén a creación da "Oficina de Rehabilitación e Aluguer de Vivendas", e considerou “fundamental” solucionar a carencia de solo industrial que, según o candidato do PP, é “grave” en Amoeiro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
 
  La Campaña Electoral al día  
  6 de Mayo, Arranque de Campaña  
  La PreCampaña día a día  
  Candidaturas Municipales de 2011  
  NÚMS. 1 DEL PARTIDO POPULAR NÚMS. 1 DEL PSdeG-PSOE NÚMS. 1 DEL BNG  
 

 

 
 
     
     
 
 
     
 
 
   

 

Añade OuD a tu Google