Concertos a pares este xoves: Morgenstern Trio no “Sen Batuta” e Jorge Pardo no Festival de Jazz
 
Música por partida doble ese xoves en Ourense. Xúntanse na cidade os músicos de Morgenstern Trio e os da formación D-3 que acompañan a Jorge Pardo. Os primeiros estarán para outro “Sen Batuta”, o Jorge Pardo abre o Festival Jazz de Primavera do Latino
 
 
 
 
15 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

O trío con piano Morgenstern Trio estará actuando este xoves en Ourense, a partir das 20.30 no Paraninfo do IES Otero Pedrayo, no ciclo de concertos “Sen Batuta” que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
De de xeito previo, ás 19.30, terá lugar o habitual encontro aberto ao  público e charla coloquio cos músicos.

Morgenstern Trio é unha formación nada en Alemaña en torno a Folkwang Academy da cidade de Essen e integrada por Catherine Klipfel (piano), Stefan Hempel (violín)  e Emanuel Wehse (violoncello), que tomaron o seu nome do poeta Christian Morgenstern.
O grupo é invitado regularmente aos festivais de música de cámara máis importantes de Europa como o Festival Pau Casals de Prades, o Festival de Kuhmo en Finlandia, a Heidelberger Frühling, a WDR Musikfest ou o Festspiele Mecklenburg-Vorpommern e o seu traballo fica documentado a través de  numerosas gravacións para radios de todo o mundo. O seu debut discográfico  rexistrouse en 2008 con obras de Beethoven e Brahms.

O prezo das entradas para este novo concerto do Ciclo de Música de Cámara Sen Batuta é de 6€, cun desconto do 50% para posuídores do Carne Xoven, estudantes e xubilados. Para os menos de 18 anos a entrada é de balde.

Arranca o Festival Jazz de Primavera

Este xoves, día 5, arranca tamén o primeiro dos concertos do Festival Jazz de Primavera que organizan a Concellería de Cultura e o Café Latino en colaboración coa Fundación Florencio Álvarez.
A partir das 23.00 horas o Latino acollerá o concerto de Jorge Pardo e a formación D-3, un concerto de sons flamenco jazz.
O prezo de entrada é de 15€.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  SEN BATUTA  
  FESTIVAL JAZZ DE PRIMAVERA  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, MIÉRCOLES
 
Acuña constata en Piñor que trabajadores y pacientes no se resignarán nunca a perder el Hospital
El Gobierno de Ourense se posicionará en pleno contrario a cualquier tipo de cierre de Piñor
El Estado invierte en Ourense 18 euros por cada uno que invierte la Xunta de Feijóo
El PP sospecha que no haya constancia en el Concello del gasto del libro de Demetrio Espinosa
Baltar y Bermello trasladan al Concello que el futuro del COB pasa por el apoyo municipal
 

 

Añade OuD a tu Google