Chega o Jazz de Primavera de Ourense con 7 espectáculos, unha masterclass e concertos didácticos
 
Chega un clásico dos meses de maio en Ourense, o Festival Jazz de Primavera do Café Latino que cumple xa 15 anos. Comprende 7 espectáculos, concertos didácticos para escolares e, como novidade, unha clase maxistral en torno ao jazz flamenco que impartirá o intérprete Jorge Pardo, músico ligado á figuras do jazz e a guitarra como Paco de Lucía ou Chick Corea. Todo a punto para comezar ese xoves, día 5
 
 
 
 
3 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL

A partir do vindeiro xoves, día 5 de maio, arranca en Ourense o Festival Jazz de Primavera, un dos eventos culturais con máis proxección internaiconal de Ourense e que cumple xa 15 anos de historia.
A programación do Festival Jazz de Primavera foi presentada este luns no Auditorio, nun acto no que a concelleira de Cultura e tenente de alcalde, Isabel Pérez, animou á participación nun evento que “encadra a perfección coa política cultural que defendemos, a procura da excelencia, a creación de novos públicos e a colaboración coas institucións educativas”, sinalou Pérez.

O Festival Jazz de Primavera 2011, que se desenvolverá como é costume en torno ao espazo do Café Latino,  comprende 7 espectáculos, concertos didácticos para escolares e, como novidade, unha clase maxistral en torno ao jazz flamenco que impartirá o intérprete Jorge Pardo, músico ligado á figuras do jazz e a guitarra como Paco de Lucía ou Chick Corea.
En verbas do seu organizador, Eduardo Rodríguez “cumplimos 15 anos cun dos mellores cartaces que podemos lembrar”. A afirmación foi secundada por Marco Vázquez, secretario da Fundación Florencio Álvarez, entidade colaboradora do Festival, quen destacou o “traballo constante ao longo de todo o ano para a preparación deste festival” e fixo fincapé no apartado didáctico dos concertos para escolares “que sempre teñen unha acollida magnífica e contribúen a crear novos públicos para a música jazz”.

No que corresponde á programación, o Festival Jazz de Primavera trae este ano a Ourense algunhas das figuras máis recoñecidas do panorama actual da música jazz. Ademais da presenza de Jorge Pardo coa súa visión do Jazz Flamenco, ocuparán o escenario do Café Latino dous dos mellores pianistas jazz da actualidade, Kenny Barron e Mulgrev Miller (día 8), con sons vinculados ao Be- Bop e Hard- Bop ou o contrabaixista Kyle Eastwood (día 15).  fillo do aclamado director de cine Clint Eastwood, ao que Eduardo Rodríguez  calificou como “unha das propostas máis frescas e vangardistas que están a soar agora en Nova Iorque”.  po  Contaráse coa presenza tamén do  popular guitarrista Al Di Meola (día 16), na que é xa a súa terceira actuación en Ourense, o pianista panemeño Danilo Pérez co seu trío (día 19), e máis os cataláns The Swing Serenaders (día 20), cuarteto vencellado ao swing e o dixie que, ademais, encargárase das concertos didácticos dirixidos a escolares.
Como vén sendo habitual, o ciclo de música contempla tamén presenza galega da man do trío Abuña Jazz que incorpora este ano a Victor Correa e Alfonso Medela e que estarán actuando o día 12.

No que corresponde ás actividades paralelas, destaca a programación dos concertos didácticos dirixidos a escolares (3º e 4º da ESO), que servirán como “iniciación a música jazz”, apuntou a Concelleira Isabel Pérez, “moi importante desde a nosa preocupación por formar públicos para a programación cultural. A raíz deles moitos cativos animan logo aos pais a asistir aos concertos e xeneran un ambente magnífico en torno ao festival eses días”. Así mesmo, por primeiro ano colaborouse co Conservatorio de Música na organización dunha clase maxistral para alumnos e profesores en torno ao jazz flamenco que terá lugar o día 4.

A Concelleira de Cultura e Tenente Alcalde, Isabel Pérez, calificou de “extraordinarios” os concertos que este ano integran o Festival e destacou o seu papel ao longo dos anos “pondo a Ourense no mapa internacional da música jazz”, apuntando que durante eses días non se achega só público ourensáns, senón persoas de toda a xeografía galega e do resto do Estado e a Península.
Defendeu así mesmo a continuidade dun evento “que é xa un clásico. Cando unha oferta cultural cumple 15 anos avala así o seu crecemento e a excelente acollida de público”.

O prezo das entradas dos concertos no Café Latino é de 15€, salvo o de Abuña Jazz que é de 5€.
O habitual concerto ao aire libre na Plaza de Santa Eufemia multiplícase este ano por dous, coa moi esperada actuación de Al Di Meola, que tal e como explicaba esta mañá Eduardo Rodríguez “fixemos un esforzo especial por facelo público, xa que sempre desborda o Latino” e a banda Swing Serenaders.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google