Comezou unha nova edición, a IV, da Feira de Gastronomía de Ourense que se prolongará até o domingo
 
Chega unha nova edición da Feira de Gastronomía de Ourense que se prolongorá ao longo de toda esta fin de semana no Casco Vello desta cidade. É a cuarta e abriuse este venres con 23 postos, e este ano amplía a súa ubicación até a Alameda da cidade
 
 
 
 
30 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Praza Maior acolle desde este venres, 29 de abril e até o domingo día 1, a feira de gastronomía que desde hai 4 anos programa a Concellería de Comercio e Turismo como oferta de lecer alternativa que ven completar o programa de actividades nestas datas próximas a celebración dos Maios, Festa de Interese Turístico.
A edil de área, a concelleira do BNG Ana Garza, explicou ao achegarse este venres aos postos na Praza Maior, que “se trata de crearmos un circuito turístico e de lecer conectando a feira de gastronomía coa Feira de Artesanía en Bispo Cesáreo e os propios Maios” e asegurou a dinamización do Casco Histórico nestes días “cun ambente festivo que atraerá a moitos ourensáns pero tamén a visitante”.

A concelleira de Comercio destacou tamén a consolidación deste evento gastronómico, que nesta edición, con 23 postos, amplía espazo e ocupa parte da Alameda, no que se ubicará, entre outros, unha pulpería.
Como en anos anteriores, a Feira abarca postos de alimentación e restauración de diferentes puntos da xeografía española, con destacada presenza galega e productos DO/IXP, e incorpora ademais un amplo programa de actividades paralelas. Así, os visitantes que se acheguen a feira en horario de maña poderán desfrutar de probas e degustacións nos diferentes postos, e pola tarde funcionará un espazo recreativo para os cativos con castelos hinchables. Por primeiro ano instálase na zona da Alameda un carrusel tradicional con tracción mecánico e, ademais, realizaránse obradoiros de panadería tradicional para coñecer o proceso de confección do pan.

A Feira de Gastronomía funcionará en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas para os postos de venta e 12.00 a 24.00 horas en xornada continua os postos de restauración, crepería e coctelería tropical. 
Na xornada do domingo celebraráse un sorte de lotes de productos entre as rifas que se repartirán aos clientes dos postos. 

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google