“Positivísima” resposta de público á XVI edición da MITEU que pechou este venres
 
Pechaba ese venres a MITEU, a Mostra de Teatro Universitario, a súa XVI edición con un excelente balance de público: 6.000 personas, un rexistro que os organizadores valoraban xusto antes de pecharse a Mostra como “positivísmo”. Completou aforo do Auditorio o espectáculo de Leo Bassi e esgotou o aforo “Cordelia”
 
 
 
 
16 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A representación de “Leve, a nada entre as mans” por parte de Maricastaña e o acto de entrega de premios da Mostra Internacional de Teatro Universitario, entre  os que cabe destacar o premio de honra a Marisa Calvo, pechaban este venres unha nova edición da Miteu que contou cunha excelente acollida por parte do público.

A piques de pechar esta nova edición da MITEU, os organizadoreas xa sinalaban que, sin contabilizar as persoas que acudiron ás animacións e o desfile-espectáculo de inauguración, a mostra ourensana rexistrou máis de 6.000 espectadores nos traballos teatrais que se presentaron no Principal, Auditorio Municipal e na  sala multiusos da Universidade.
Esta “positivísima” resposta dos espectadores coloca en 250 persoas a media de asistencia por día, sendo o espectáculo presentado por Leo Bassi o que rexistrou unha maior afluencia de público no Auditorio Municipal.

Tamén se destaca que a mostra de traballo do segundo nivel da Aula de Teatro Universitario de Ourense “Cordelia”, esgotou localidades na súa presentación no Teatro Principal.  Algo que se preveía que se repetía este venres, na xornada de peche, na representación de “Leve, a  nada entre as mans”, unha dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de Seda de Alessandro Baricco.
A MITEU repartiu 15.000 octavillas publicitarias e levou a cabo na rúa do Paseo xogos e enredos promocionais do festival.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google