Ourense (Monterrei que non o Campus) acolle este sábado o Absoluto Galego de Clubes de Atletismo
 
Todo preparado para que Ourense acolla este sábado o Campeonato Galego Absoluto de Atletismo. Terá que volver a ser en Monterrei, de Pereiro de Aguiar. A capital segue sen pistas, como se recordou este venres ao presentarse o Campeonato, O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, denunciou a “inoperancia” da Secretaría Xeral de Deportes ao respecto, e anunciou que “non deixaremos morrer as pistas do Campus”
 
 
 
 
 
16 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Ourense acollerá este sábado día 16 o Campeonato Galego Absoluto de Clubes de Atletismo, unha proba de máximo nivel na que participarán a meirande parte dos mellores atletas galegos, e na que Ourense, a través do Clube Academia Postal, arte con moitas posibilidades de triunfo.
A actividade está patrocinada pola Concellería de Deportes que dirixe o edil do BNG Fernando Varela, cuxa aposta “firme e comprometida” con esta disciplina foi defendida esta mañá na presentación do torneo polo delegado da Federación Galega de Atletismo en Ourense, Manuel Blanco Sabucedo.

Entre os clubes participantes, contaráse coa presenza dos dous únicos clubes galegos na División de Honra Nacional en categoría masculina, Clube Academia Postal e Sociedade Ximnástica de Pontevedra.
En categoría feminina, contaráse co actual campeón galego,  Ría de Ferrol (división de honra), que se enfrontará aos dous clubes en Primeira División, Clube Ourense Atletismo Feminino e Club Atletismo Feminino Celta de Vigo.

As competicións desenvolveránse en doble xornada de maña (11 a 14 Hs.) e tarde (16.30 a 19.35 Hs.) na pista Josefina Salgado, no complexo polideportivo de Monterrei.
Unha vez máis tanto Federación como participantes lamentaron o traslado ás pistas do Pereiro de Aguiar ante a imposibilidade de celebrar o torneo en  Ourense “que pese a estar destacando no panorama estatal do atletismo, non conta cunhas pistas homologadas”.
Facíase así mención as instalacións deportivas recén inauguradas no Campus, un investimento superior ao millón de euros que a Xunta de Galiza executou en virtude dun compromiso do anterior goberno e sobre terreos cedidos polo Concello.

Neste sentido, o Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, denunciou a inoperancia da Secretaría Xeral de Deportes na cidade de Ourense, que inaugurou hai dous meses unhas instalacións sen dotación para a práctica do atletismo.
Será a Concellería de Deportes “a que teña que facer o que outras administración non fixeron”, lembraba hoxe Fernando Varela, despois de que o departamento municipal xa consignara un investimento de 70.000€ para dotar as pistas e habilitalas para prácticas e entrenamentos de atletismo.

Reunión coa directiva do Campus de Ourense

Nesta liña Fernando Varela informou de que este xoves tivo lugar unha reunión entre o Clube Ourense Academia Postal, a propia Federación Galega, a directiva do Campus e a Concellería de Deportes, que actuou como impulsora.
Nela Varela expuxo de xeito claro “o compromiso inequívoco que temos co atletismo” anunciando que “non imos  deixar morrer esas pistas e imos traballar ao máximo para lograr esa homolgación que demanda a cidade”.

Así mesmo anunciou o compromiso de seguir traballando na adquisición dos terreos anexos destinado a acoller a pista de lanzamento. O xesto foi recoñecido polas entidades representadas, que destaron o investimento municipal para a dotación e a actuación da Concellería como mediador ante o Campus.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, VIERNES
 
El PP relaciona ahora las talas de árboles con salir o no en el libro de fotos de Espinosa
BNG y PSOE dicen que los Impulsa de Lugo y Ourense sólo han fraguado un proyecto en 7 meses
El CHOU sostiene que siguen mejorando los tiempos de espera en intervenciones y en consultas
A Xunta crea grupos de traballo permanentes en mediación e formación para o colectivo inmigrante
Mobilidade do Concello porá en marcha unha nova  liña de autobuses ao Tinteiro
 

 

Añade OuD a tu Google